Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela afirma que o GRUMIR xa podía estar traballando desde o un de abril

NOTA DE PRENSA

O GMPP: “o alcalde non é capaz de aproveitar axeitadamente as subvencións que recibe o concello”.

Fernández Valle asegura que o GRUMIR xa podía estar traballando desde o un de abril.
Os populares consideran que a preocupación do bipartito polo emprego e pola seguridade cidadá “é inexistente”.

Burela, 27 de abril de 2011.- O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela afirmou hoxe que o alcalde non é capaz de aproveitar axeitadamente as subvencións que o concello pode recibir, como está acontecendo coa contratación do Grupo Municipal de Intervención Rápida (GRUMIR)”.

O concelleiro e número dous da candidatura do PP Manuel Fernández Valle explicou que a Xunta convocou as subvencións para a contratación de persoal dentro do Plano de Cooperación da Xunta cos concellos en febreiro, abrindo a posibilidade que os propios concellos, antes de ter recibida a resolución correspondente, podían solicitar da Xunta a autorización para realizar a contración anticipada do persoal do GRUMIR, en total doce persoas. Pois ben, segundo Fernández Valle, o alcalde nin solicitou esa posibilidade de contratación anticipada nin a día de hoxe tén aberto o procedemento para a contratración desas doce persoas.

Ademais, segundo Fernández Valle, este persoal xa podía estar traballando, como está a pasar noutros concellos, co que se están a perder cartos, porque a contratación destas doce persoas será por un máximo de nove meses cada unha con data límite no trinta e un de decembro do presente ano. Polo tanto, todo o tempo que non traballen nese período non se pode recuperar e consecuentemente o concello non recibirá os cartos correspondentes. Por eso xa se leva perdido todo o mes de abril e corremos o risco de que se perda tamén maio.

A xuizo de Fernández Valle, esto demostra o escaso ou nulo interese do bipartito polo emprego e pola seguridade cidadá. Non nos vale como disculpa que xa hai persoal do Lugoemprega traballando. O certo é que as doce persoas do GRUMIR xa podían estar traballando desde hai un mes, que se están a perder os cartos que mandaría a Xunta, e que se está a perder unha oportunidade de millorar a seguridade cidadá coa presencia destas doce persoas.

A xuizo dos populares, esto demostra que a pretendida preocupación do bipartito polo emprego e pola seguridade cidadá é absolutamente inexistente.

Exit mobile version