Site icon Crónica3.com A Mariña

O plan de banda larga da Xunta incrementou a acceso á internet na provincia de Lugo

Nota de prensa:
O Plan facilitou o acceso á Rede arredor de 250.000 habitantes da Comunidade que carecían de cobertura a mediados de 2010

O PLAN DE BANDA LARGA DA XUNTA INCREMENTOU EN PRETO DE 39.000 AS PERSOAS CON ACCESO A INTERNET NA PROVINCIA DE LUGO

En menos dun ano desde a súa posta en marcha o Plan fixo posible a conexión á Rede en case 2.000 núcleos de 39 concellos lucenses
O operador público Retegal construíu 13 novas torres na provincia para impulsar o despregamento de redes de telecomunicación
A Xunta investiu en 2010 un total de 4,3 millóns euros na provincia no despregamento de redes de banda larga

Santiago, 3 de abril de 2011.- A día de hoxe arredor de 39.000 habitantes da provincia de Lugo que carecían de cobertura xa teñen acceso a Internet grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta. En menos dun ano desde a súa posta en marcha o Plan conseguiu estender o servizo de conexión a Internet a case 2.000 núcleos de 39 concellos da provincia.

A dispoñibilidade deste servizo é posible grazas aos despregamentos de redes de telecomunicación postos en marcha pola Administración autonómica, que investiu na provincia 4,3 millóns de euros en 2010. A extensión de redes do Plan comezou en Lugo, concretamente no sur da provincia por ser unha das zonas que máis acusaba a fenda dixital. Nesta zona a tecnoloxía empregouse a tecnoloxía Wimax, redes sen fíos que permiten o acceso a Internet en zonas con dificultades orográficas para a implantación doutro tipo de redes. No resto da provincia estanse a despregar redes fixas de alta capacidade

Redes sen fíos en 22 concellos do sur da provincia de Lugo

O Plan de Banda Larga posibilitou o acceso ao servizo de internet de calidade a máis de 30.000 habitantes de case 1.900 núcleos de 22 concellos – Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra de Brollón, O Saviñao, Sober, Taboada, Paradela, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, Antas de Ulla, Bóveda, Friol, Guntín, Palas de Rei, Monterroso, O Corgo, Láncara, O Páramo, Sarria – nos que se despregaron redes sen fíos durante o ano 2010. En 2011 porase en marcha unha nova acción que permitirá completar a cobertura acadada este ano nesta zona.

A solución ofertada por Iberbanda, operador adxudicatario da subvención concedida pola Xunta para esta actuación, emprega a tecnoloxía sen fíos Wimax Móbil de banda licenciada que presta un servizo mínimo de 2 Mbps de velocidade de baixada e 512 Kbps de subida.

Extensión de redes fixas

No resto da provincia as infraestruturas que se están a empregar para facilitar o acceso a Internet son redes fixas de alta capacidade coas que se chegou xa ao redor de 40 núcleos de 20 concellos – Abadín, Antas de Ulla, Baleira, Castro de Rei, Castroverde, Cospeito , Guitiriz, Lourenzá, Lugo, Meira, Mondoñedo, Outeiro de Rei, A Pobra do Brollón, A Pontenova, Portomarín, Sarria, O Saviñao, Sober, Trabada e Xove -. Esta actuación permitiu dotar de cobertura ao redor de 8.200 habitantes a día de hoxe. Estas infraestruturas están a ser implantadas polo operador Telefónica tras resultar beneficiario da axuda para a extensión de redes de alta capacidade no marco do Plan de Banda Larga. O servizo que ofrece Telefónica establece unha velocidade mínima de 6 Mbps de baixada e 640 Kbps.

Potenciación de Retegal

O Plan de Banda Larga contempla entre as súas accións potenciación do Operador Público Retegal para impulsar o despregamento de novas infraestruturas de telecomunicación en Galicia. En Lugo Retegal completou un importante plan de reforzo das súas infraestruturas no sur da provincia coa construción de 13 torres de comunicacións e actuacións en 17 centros desta zona por un importe de 950.000 euros. En total, o investimento para reforzar as infraestruturas de Retegal na provincia luguesa superou no ano 2010 os 3,5 millóns de euros.

Este despregamento permite dispoñer da infraestrutura de telecomunicacións necesaria para que os operadores privados de telecomunicacións poidan proporcionar servizo de acceso a internet de banda larga aos cidadáns cuxa residencia se sitúa en áreas nas que non existe infraestrutura de banda ancha ou nas que non é probable que se desenvolva de inmediato.

Arredor de 250.000 persoas con cobertura en Galicia

Actualmente, en torno a 250.000 galegos que carecían de cobertura teñen a posibilidade de acceder á Internet de calidade grazas ao O Plan Banda Larga de Galicia 2010- 2013, que conseguiu reducir nun terzo a poboación da Comunidade sen acceso á Rede.

Ademais, xa a día de hoxe facilitouse a cobertura de Internet de calidade a máis da metade dos parques empresariais e polígonos industriais con carencias de cobertura así como, acceso á Rede á maior parte dos servizos públicos sen banda larga. O despregamento de redes do Plan é clave para proporcionar as infraestruturas que permitirán avanzar na administración electrónica e en proxectos innovadores en ámbitos como a sanidade, a educación e a xustiza.

O Plan contempla cinco actuacións das que xa se puxeron en marcha 4: a implantación de redes fixas, sen fíos, de nova xeración (con velocidades de 100Mbps), e a potenciación do operador público Retegal que está a poñer a disposición dos resto dos operadores a súa infraestrutura favorecendo a competencia.

Para levar a cabo as actuacións en marcha ata a data, a Xunta de Galicia concedeu o pasado mes de setembro a través de diferentes ordes de axudas ao operadores de telecomunicación Iberbanda, Telefónica e R unha subvención total de case 35 millóns, que xerará un investimento total de máis de 160 millóns de euros para o despregamento de novas infraestruturas de telecomunicación na Comunidade.

Exit mobile version