Nota de prensa
Acordos da Comisión 5.ª, de Sanidade, Política Social e Emprego, do 28 de abril de 2011
Proposicións non de lei ante a Comisión
A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na reunión do 28 de abril de 2011, adoptou o seguinte acordo:
Aprobación sen modificacións:
08/PNC-1616 (60330) Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel
Sobre a adopción pola Xunta de Galicia das medidas oportunas para garantir a asistencia e a participación dos escolares con discapacidade no Curso Internacional de Música organizado anualmente pola Asociación Interdisciplinar Músicosensorial para as Persoas con Necesidades Especiais, AIMPNE
BOPG núm. 421, do 02.03.2011
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a adoptar as medidas oportunas para garantir a asistencia e participación dos escolares con discapacidade no Curso Internacional de Música e Musicoterapia que cada ano organiza a Asociación Interdisciplinar Músicosensorial a favor das Persoas con Necesidades Especiais (AIMPNE).”