Nota de prensa:
Proposición non de lei aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia o 27 de abril de 2011
4.2 08/PNP-1051 (60598)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel, e 2 deputados máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego diante do Ministerio de Fomento en relación coa execución da vía de conexión entre as localidades lucenses de San Cibrao e Barreiros, coñecida como corredor da Costa
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 421, do 02.03.2011
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Ministerio de Fomento para que resolva no prazo máximo dun mes as alegacións recibidas fronte ao Estudio Informativo e o Estudio de Impacto Ambiental do corredor viario entre San Ciprián e Barreiros, proceda á licitación inmediata do proxecto e, con posterioridade, estableza un cronograma de execución concreto, comprometendo os investimentos necesarios e suficientes para facelo realidade”.
Sentido do voto:
PP e BNG a favor.
PSOE en contra.