Nota de prensa:
Son cursos organizados pola delegación de medio rural do Concello coa colaboración de Xovenes Agricultores
TRES NOVOS CURSIÑOS, CON TÍTULO ACREDITATIVO SE IMPARTIRÁN EN LOURENZÁ NOS PRÓXIMOS MESES
Restauración de mobles e oxetos diversos.
Conservas
Manipulador de alimentos
Santiago, 2 de abril do 2011.- Dende o Concello de Lourenzá estan a disposición de todos os veciños tres novos cursos de formación.
O curso de restauración de mobles e obxetos diversos empezará o vindeiro luns 11 de abril. A data de remate será o venres 16 de maio. Será impartido nas naves de carpintería no recinto feiral os luns e os xoves de 20 a 23 h. Ainda está aberto o prazo para anotarse e ainda quedan prazas. E preciso que as alumnas e alumnos leven os obxetos que queiran restaurar.
A continuación no mes de Maio celebrarase un curso moi demandado entre as veciñas do concello, tratase do curso de conservas que se impartirá na cociña da Casa da Xuventude os martes, mércores e xoves de 21 a 24 h. O próximo luns dia 4 abrese o prazo para anotarse todas as persoas interesadas.
E por último estase a anotar xente interesada en facer o curso de Manipulador de Alimentos. Cando se teña o número mínimo para facelo xa se está en condicións de inicialo. Este curso é de 3h e ten un custe de 30 € para o alumno.
Os interesados en facer estes cursos deberan anotarse na oficina do técnico de emprego do concello ou facelo a través do telefono 982121006.