Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz iniciou a rehabilitación da escola de Forxán

Nota de prensa

O Concello de Foz sigue a contratar obra pública, neste caso a obra que se vai a facer e que comenza hoxe mesmo martes, refírese á escola de Forxán, e vai financiada con cargo ao Convenio de obra pública asinado polo Concello de Foz e a Deputación Provincial.

Este Concello ven reparando e poñendo en uso para as Asociacións de Veciños e outras Asociacións das nosas parroquias, as antiguas escolas, fíxose así nos casos de: Cordido, Fazouro, Vilaronte, San Martiño, San Acisclo e Hermida en San Martiño, no resto de parroquias, caso de Sta. Cecilia, construeuse un centro novo, e na parroquia de Nois tamén alí se levantou unha infraestructura nova e moderna para Centro Social da propia parroquia.

Agora tócalle o turno á escola de Forxán, escola que foi reparada en algunhas ocasións e pintada exteriormente na súa totalidade, o que se vai a facer agora é poñer teitos, pavimentos, alicatados, peches exteriores, pintura de paredes e teitos, solado, fontanería, etc. etc. etc., o presuposto que se vai invertir na reparación de dita escola para uso e disfrute dos veciños do barrio de Forxán e outros que se acerquen á mesma, é de 26.867,42 €, e o prazo de remate das obras, será de un mes.

O Alcalde do Concello de Foz manifesta que este equipo de goberno todo aquelo que promete e saca á opinión pública, ten soporte presupostario detrás, a modo de exemplo expoñemos: Campo municipal de fútbol de Foz, instalación de herba artificial, presuposto e contratado 470.000 €; reparación e pavimentación da estrada Reiriz – Espiñeira, presupostada e contratada por 600.000 €, remate da estrada que vai dende a basílica de San Martiño ata estrada Ferreira-Foz, presupostado e contratado e rematada a obra por 430.000 €; estrada que vai dende San Martiño ata a Hermida unindo este barrio con Mondoñedo, presupostado e contratado por 1.000.000 €; adecentamento de parques públicos de Foz, presupostado e contratado, 15.000 €; reparación da escola de Forxán, presupostado e contratado 26.867,42 €. Total dos contratos 2.541.867,42 € (más de 420 millóns das antigas pesetas).

Polo exposto, existen diferencias có Partido Popular da Xunta de Galicia, que todo o que dí que vai facer en Foz, como á Residencia para Maiores, ou a ordenación do porto, non existe nin un só euro presupostado, están a falar un día sí e outro tamén, do estudio, do estudio, da viabilidade do estudio, incrible pero certo, mentres outros se dedican a fantasías o goberno municipal de Foz a traballar pero con diñeiro detrás de cada presuposto, e vanno a seguir comprobando, pois debido á firma do Convenio coa Deputación Provincial, a próximo semana anunciaránse máis obras, por suposto, con diñeiro detrás e adxudicadas.

Exit mobile version