Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz deixou de recadar máis de 3,5 millóns de euros nos últimos anos, asegura o BNG

Nota de prensa

O Concello de Foz deixou de recadar 3.525.155,56 € nos últimos anos

Basanta afirma que neste Concello pagan sempre os mesmos

O BNG DE FOZ DI QUE LEVARÁ ATA AS ÚLTIMAS CONSECUENCIAS O COBRO DAS DÉBEDAS

Foz, a 23 de abril de 2011.- O BNG de Foz, a raíz dos informes sobre a liquidación dos orzamentos, manifesta que o Concello deixou de recadar millóns de euros por non ter unha política recadatoria eficiente. A culpa deste prexuízo ás arcas municipais foi daqueles que estiveron gobernando durante estes dezaseis anos sen preocuparse de que se recadara o que se tiña que recadar, e que tiveron como máximos responsables a dous dos candidatos nas eleccións deste ano, Xaime Cancio e Xosé María Rivera.

O último informe económico que presentaron os servizos de intervención do Concello, declara que os dereitos pendentes de cobro a 31/12/2010 ascenden a 3.525.155,56 euros. A maioría destes cobros corresponden ao exercicio 2009 e son relativos a IBI, recollida de lixo pendente e sobre todo a transferencias de capital (1.042.836,08 €). Deste importe unha cantidade moi importante non se vai a cobrar tal e como afirman os propios servizos de intervención: “os importes que proveñen dos exercicios anteriores ao que se pecha, 2.300.271,70 euros, vai ser complicado que cheguen a recadarse nunha porcentaxe importante, segundo o ocorrido en exercicios precedentes, en boa medida porque o procedemento administrativo de recadación en vía de constrinximento non se leva en ningún caso ata as súas fases finais, rematando co correspondente embargo se é preciso. Esta circunstancia, ademais das responsabilidades a que haxa lugar, conduce a que rematen por prescribir caudais públicos que doutro xeito podería e deberían pasar a engrosas as arcas municipais” .

Así pois, unha vez máis desde o BNG denunciamos ao goberno municipal de irresponsabilidade na execución dos cobros de diñeiro público producíndose un agravio comparativo entre aqueles aos que non se lles cobra os impostos e todos aqueles que si os pagan relixiosamente, producíndolle ao Concello un grave prexuízo na súa recadación.

Por iso, o BNG se chega a gobernar realizará os expedientes de depuración dos saldos de dereitos recoñecidos de exercicios pechados coa finalidade de dar de baixa cando menos aqueles que se atopan prescritos e a continuación cobrar aqueles que aínda se está a tempo de cobrar. Ao mesmo tempo, determinárase as actuacións realizadas (ou non) polo Concello por se houbera responsabilidades que depurar nestas actuacións.

Exit mobile version