Nota de prensa:
O CONCELLO PROCEDE ESTES DÍAS A LIMPAR A ÁREA RECREATIVA DO MONTE CASTELO E AS PRAIAS PARA QUE TODO ESTEA EN BOAS CONDICIÓNS CARA A SEMANA SANTA.
Burela, 11 de abril de 2011. O Concello procede estes días a limpar as praias da e á area recreativa do Monte Castelo para que todo estea en boas condicións cara á semana santa.
O alcalde, Alfredo Llano, explicou que “co fin de favorecer que os nosos visitantes se sintan a gusto en Burela a parte de limpar as praias, que comenzaremos agora para que a semana santa estean ben, tamén estamos preparando a área recreativa do Monte Castelo. Alí estamos tratando de levar adiante a limpeza e o mantemento desa zona, segandoa e adecentandoa para que sexa atractiva e que a xente disfrute do espectáculo que supón ver desde alí todo Burela e toda a costa ata Asturias e que poidan disfrutar tamén da propia área recreativa levando a merenda e pasando alí un rato o máis agradable posible”.
Novo abastecemento
O rexedor sinalou que “nós desde a semana pasada estamos a empregar o novo abastecemento de auga, estámola pasando pola ETAP da Senra, o que quere dicir que a calidade da auga que surte agora mesmo a Burela é superior e mellor que antes. A tecnoloxía da Senra supera á ETAP que nós tiñamos aquí só para Burela, agora existen unha serie de tratamentos que favorecerán que a calidade sexa moito mellor”. Llano engadiu que “xa se fixeron análises que confirmaron que a auga é potable e de moi boa calidade, pero imos facerlle outra nova o vindeiro 13 de abril con persoal de Sanidade para ter claro cómo ven esta auga cara Burela”.
O alcalde confirmou que “todos os depósitos, tanto os de arriba coma os de abaixo, están a tope de auga que procede dese novo abastecemento, a calidade e a transparencia é total. O novo abastecemento está a funcionar á perfección, algo moi positivo para os veciños de Burela, que percibirán que temos unha auga de moi boa calidade”.
POS Deputación
Alfredo Llano subliñou que “unha vez cumpridos os prazos para presentar a petición de obras a través do POS da Deputación, este ano imos plantexar unha que consideramos que é moi importante. Trátase do saneamento de Pardo Bazán entre as rúas Eijo Garay e Curros Enríquez, ese tramo está obsoleto e dando problemas, os veciños estaban moi sensibles co tema e nós comprobamos que era necesario e así o imos facer”. O rexedor dixo que “se comezará en breve, en canto nos outorguen a subvención da Deputación. Ten un presuposto de 43.000 euros e beneficiará a todos os veciños que viven nesa zona”.