Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela coloca bancos na subida ao cemiterio

O Concello coloca bancos na subida ao cemiterio para facilitar o descanso das persoas que acuden andando a visitar aos seus familiares, segundo daba a coñecer esta mañá o alcalde de Burela, atendendo “unha serie de peticións que levamos un tempo recibindo. Un estará ubicado despois da primeira curva da ponte e o outro a uns 300 metros. Tamén imos colocar dous bancos máis no cemiterio ao lado da capela”

Exit mobile version