Site icon Crónica3.com A Mariña

O CB. Burela derrotou ao CB. Sarria na primeira volta da final provincial cadete feminina


Nota de prensa

Esta mañá xogouse no pavillón Vista Alegre de Burela a primeira volta da final provincial cadete femenina, entre o equipo do CB. Burela e o CB. Sarria Cementos Cosmos, o resultado final foi de Burela 49- Sarria 39.

A falta de disputar a segunda volta da eliminatoria que terá lugar en Sarria, o noso equipo mantén a esperanza de que superando a eliminatoria se proclamaría campión provincial, posto que lle daría acceso a xogar ao longo do mes de maio a Copa Galicia da FGB.

Este equipo cadete, comenzou a temporada xogando a fase previa da liga FGB que ao final terminou xogando o Ensino de Lugo. A continuación na liga regular provincial acadou a segunda praza por detrás do CB. Sarria, que ata hoxe non perdera ningún partido na liga provincial. Despois do brillante partido disputado hoxe no Vista Alegre, baixo as ordes do técnico José Manuel Rubal, ten unha clara opción de chegar as eliminatorias da Copa Galicia con outros equipos campións das súas respectivas provincias.

Na copa Galicia da FGB participan oito equipos, os campións de cada unha das zonas en que divide a FGB a Galicia e o subcampión da zona ganadora da Copa o pasado ano. Xóganse un total de tres eliminatorias. O noso clube nas últimas temporadas xogou en varias categorías (cadete e júnior femeninas) a devandita copa, nos últimos catro anos somos o equipo da provincia que xogou máis eliminatorias da devandita competición.

É de salientar que dos equipos cadete femenino e infantil femenino que iniciaron a temporada no mes de xullo de 2010, adestrando de forma conxunta as ordes de Rubal o cadete e Carlos Méndez (Madar) o infantil, están chegando ao final de temporada disputando os torneos provinciais xa que o noso equipo infantil femenino disputa o próximo sábado 16 de abril o título provincial no pavillón de Barreiros. Primeira semifinal ante o Estudiantes de Lugo, e a outra semifinal entre o Galén de Lugo e o Celtas de Foz.

Exit mobile version