Site icon Crónica3.com A Mariña

O candidato do PP en Ribadeo anuncia que DOG publica a adxudicación do alargamento do peirao e dragaxe da canle de navegación en Mirasol

Nota de prensa

A UTE Aldesa Contrucciones, S.A.-Construcciones San Martín será a encargada de desenvolver esta actuación financiada nun 65% por fondos comunitarios.

O DOG publica hoxe a adxudicación, por 1,8 millóns de euros, da obra de alargamento do peirao e dragaxe da canle de navegación en Mirasol

• Os diversos traballos teñen un prazo de execución de 12 meses

Ribadeo, 4 de abril de 2011.- Segundo deu a coñecer no día de hoxe candidato do Partido Popular á alcaldía de Ribadeo, Manuel Valín Valdés, o Diario Oficial e Galicia (DOG) publica a adxudicación, por 1,8 millóns de euros, da obra de alargamento do peirao e dragaxe da canle de navegación en Mirasol, Ribadeo. Os diversos traballos, que teñen un prazo de execución de 12 meses, foron adxudicados á Unión Temporal de Empresas de Aldesa Contrucciones, S.A. e Construcciones San Martín que se encargarán de desenvolver esta actuación financiada nun 65% por fondos comunitarios.
ENSANCHE DO PEIRAO
No tocante aos aspectos técnicos proxéctase o ensanche do peirao comercial xunto ao peche da dársena pesqueira nunha lonxitude de 48,45 metros polo interior e paralelo a este, ata conseguir unha anchura de uso total de 14,45 metros. Desta forma habilítanse espazos suficientes para pór en servizo o peirao comercial e que sirva á vez como peirao de carga, e se se dá o caso como peirao de armamento. O novo muro do peirao de atracada, do mesmo xeito que o existente terá un calado de 2,50 metros. O recinto creado será pavimentado adecuadamente para uso ao que se destina.
DRAGADO
As obras de dragado da canle de navegación que se proxectan serán para un calado de 5,00 referida á baixamar mínima (BMVE), estando comprendidas entre a bocana do acceso ás instalacións náutico recreativas de Porcillán e a entrada á dársena pesqueira no seu custado sur, nunha lonxitude de 525 metros e unha anchura de 100 metros contados desde o pé do dique de peche (deixando salvagarda de 3 metros) ata atopar a curva batimétrica -5, ó deixando noiros nos bordos laterais do contorno para protección de devandito dragado.

COMPROMISO CON RIBADEO
Con esta actuación o Ente Público Autonómico continúa completando os compromisos de mellora adquiridos para o mantemento da actividade no peirao de Mirasol e máis en concreto, a continuidade deste espazo como plataforma loxística para o tráfico das mercadorías da empresa ENCE ata como mínimo o ano 2020.
Valín lembrou que o Partido Popular foi a primeira forza política comprometida coa ofensiva en defensa do porto comercial de Ribadeo. “Non podíamos aceptar que pola desidia e a falta de reacción do Goberno municipal e do anterior bipartito autonómico, que daquelas xestionaba a Xunta, condenáramos ao cese de actividade a un porto, no que só as operacións de ENCE supoñían preto dun 65% do total da súa actividade”.
O alcaldable popular subliña que cómpre felicitarse por unha boa nova, “que materialice unha máis que acertada defensa dos intereses de Galicia un compromiso decidido coa Mariña lucense e co porto de Mirasol, unha aposta polo mantemento e fortalecemento da actividade económica e do emprego”

Exit mobile version