Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS asegura o play off cun xogo brillante ante o UPV Maristas Valencia (4-2)

Nota de prensa

OS PUPILOS DE SUSO REY ASEGURAN O PLAY OFF CUN XOGO BRILLANTE ANTE OS VALENCIANOS (4-2)

Vista Alegre asistiu ao brillo da cor laranxa ante o UPV Maristas Valencia (4-2) nunha tarde na que os pupilos de Suso Rey deron mostras, unha vez máis, de ser merecedores do privilexio de play off. Os tres puntos asegúranlle ao cadro mariñán o billete para a fase de ascenso dende a sexta praza (54 puntos), superando en catro puntos o noveno, UMA Antequera, que a falta de dúas xornadas rematará a competición con descanso, e con inmunidade ante o Lanzarote, que aínda pode pelexar por coarse entre os candidatos á elite.

O Burela FS amosou unha seriedade ofensiva e defensiva digna dos mellores ante o terceiro clasificado de Prata. Os laranxas saíron a por todas buscando a portería rival e axiña chegou o gol, das zapatillas de Víctor Cachón, cando aínda non se cumprira o minuto 4 de xogo. Continuaron as oportunidades. Christian non puido controlar un pase de Juanma diante de Gascó e pouco despois o Mariskal protagonizou un roubo na banda sen recompensa goleadora. Así, aproveitaron os valencianos para igualar, nun contraataque que culminou Juanjo (minuto 12) sen que Edu puidera facer nada. Cando todo parecía presaxiar que se chegaría ao descanso co 1-1, André volveu poñer por diante os laranxas a 3 segundos para o asubío.

Regresou o Burela FS no reinicio convencido de gañar. Tras un par de tentativas desviadas, Juanma subiu o 3-1 (minuto 23), ao aproveitar un balón morto na área tras bater co porteiro levantino. A expulsión de Purao, por dobre amarela, no minuto 26, non puxo en perigo os intereses locais en absoluto; o cadro laranxa soubo manter a concentración en inferioridade numérica e no 28 o capitán volveu aparecer para poñerlle a guinda ao pastel. Nos últimos 6 minutos, o Maristas intentouno con Ximo como porteiro xogador pero o parapeto mariñán, con Edu como estandarte, freou a avalancha. A poucos segundos do final Márquez maquillou o marcador con 4-2, dun dobre penalti.

Ficha Burela FS-Maristas Valencia
———————————

Partido perteneciente a la 36ª jornada de la temporada 2010/2011.
CD Burela FS
14 Victorias | 12 Empates | 8 Derrotas
Puntos acumulados: 54 4
UPV Maristas Valencia
18 Victorias | 5 Empates | 11 Derrotas
Puntos acumulados: 59 2
Cancha de juego: Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Fecha: Sábado, 23 de Abril de 2011
Hora de inicio: 18.30 horas
Alineaciones
CD Burela FS
1
Eduardo Saavedra Cebreiro
Edu
5
Anderson de Almeida Gomes
Purao
6
Víctor Cachón Suazo
Víctor
7
Carlos Henrique Ribeiro
Ique
20
Cleber Rafael Barbosa
Clebinho
3
André Luiz Nogueira Fernandes
André
8
Juan Manuel Marrube Rodríguez
Juanma
11
Christian Palmeiro Chao
Christian
21
Adriá Esteller Cortina
Adriá Esteller
Entrenador:

UPV Maristas Valencia
1
Juan Carlos Gascó Laborda
Gascó
8
Joaquín Cebellán Jiménez
Ximo
10
Carlos Márquez Martínez
Márquez
14
Carlos Bosch Ramos
Carlos Bosch
17
Pedro Jerónimo García Vilas
Pedro
3
Juan José Pastor Pérez
Juanjo
9
Carlos Cebrià Agudo
Charlie Cebrià
12
Pablo Tamarit Cobo
Tamarit
13
Rafael Ara Caballero
Rafa Ara
15
Roberto Albert Martí
Rober
16
Javier Sena Latorre
Javier
20
Borja Milán Escribano
Borja Milán
Entrenador:
El partido minuto a minuto
Gol 1 – 0 Min. 3 | Víctor

Tarjeta amarilla Min. 9 | Purao

Gol 1 – 1 Min. 12 | Juanjo

Tarjeta amarilla Min. 19 | Víctor

Gol 2 – 1 Min. 19 | André

Gol 3 – 1 Min. 23 | Juanma

Tarjeta amarilla Min. 26 | Purao

Tarjeta amarilla Min. 27 | Tamarit

Gol 4 – 1 Min. 28 | Juanma

Tarjeta amarilla Min. 37 | Juanma

Gol 4 – 2 Min. 39 | Márquez
d.p.

Exit mobile version