NOTA DE PRENSA
“O Bloque Nacionalista Galego, reclamou esta mañá no Parlamento Galego ao Partido Popular, como xa viña facendo últimamente, que deixe de utilizar a Propaganda Electoral con respeito ao muelle vello de Viveiro”
Unha vez máis, o Parlamento Galego foi testemuña da falta de acordo entre o PP e o PSOE no debate suscitado en torno ao vello peirao de Viveiro, desacordo reflexado no uso electoralista desta cuestión por parte de ambas forzas políticas, que perxudica enormemente ás veciñas e veciños de Viveiro, e retrasa a solución definitiva ao deterioro e a deixadez que sufre o Porto de Viveiro.
O BNG fixo unha aposta firme polo proxecto que leva no seu programa electoral, e que defende a creación dun aparcamento soterrado e de superficie, zonas axardinadas e unha zona de ocio e servizos múltiples, deixando claro ao mesmo tempo, que o BNG non vai aceptar que se execute unha área comercial no entorno, que o único que provocaría sería especulación e graves perxuizos para o pequeno comercio local.
“O BNG defende, que sexan as veciñas e veciños de Viveiro os que decidan sobre o novo proxecto do Muelle Vello, que Portos de Galiza e Costas do Estado se realmente teñen orzamentos destinados ao Porto de Viveiro, se poñan de acordo co Concello, en realizar unha forte inversión na zona, que finalmente leve á desafección dos terreos en favor do Concello, para que sexa este quen a explote e a poña ao servizo das veciñas e veciños”