Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro pide ao PSOE e e o PP que deixen de xogar electoralmente co “muelle vello”, e que definan os seus proxectos para a zona

Nota de prensa

“O Bloque Nacionalista Galego de Viveiro volve unha vez máis, a solicitar aos candidatos de PSOE e
PP que deixen de xogar electoralmente co “muelle vello”, e que definan claramente os seus
proxectos para a zona. O BNG non vai a consentir que sexa outra vez o pobo de Viveiro,
o que pague as consecuencias da falta de acordo e da pelexa partidaria entre os
candidatos de PP e PSOE, que o único que provoca é retraso na mellora desta
infraestructura.”
“O BNG de Viveiro pide tamén, que se deixe de poñerlle trabas ao desenrolo da zona, coa petición
da Declaración de Interese Xeral por parte do Estado, que o único que provoca e retraso na
solución á situación do porto, e solicitamos que a desafección a faga directamente Portos de Galiza
en favor do Concello de Viveiro, para reducir trámites, e que o proxecto de renovación da zona se
faga canto antes”
Bernardo Fraga, candidato a Alcaldía de Viveiro declarou no día de hoxe “Se Costas e Portos de
Galiza, teñen realmente proxectada unha gran inversión para o “muelle vello”, que se
poñan dacordo e fagan unha inversión a dúas bandas, na que o gran beneficiado sexan
as veciñas e veciños de Viveiro coa realización dun gran proxecto, e trasladando
finalmente a explotación e titularidade da zona definitivamente ao Concello de Viveiro”
O BNG de Viveiro ven de asinar a pasada semana, un documento de compromiso presentado polo
“Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro”, no cal se establece o proxecto do comercio de
Viveiro para o “muelle vello”, proxecto co que o BNG coincide plenamente e que será incluido no
noso programa electoral, como xa tiñamos previsto.
O proxecto polo que aposta o BNG para o vello peirao según explicou o candidato á Alcaldía de
Viveiro, Bernardo Fraga “pola apertura ao mar e a renovación e posta en valor desta zona de vital
importancia para o futuro desenrolo de Viveiro e para a imaxe que o noso Concello proxecta ás
súas veciñas e veciños e aos visitantes, inclúe a realización dunha gran zona con prazas de
aparcamento, de superficie e subterráneas, a creación na superficie de zonas axardinadas, e unha
edificación en planta baixa, encaixada no entorno, que cause o mínimo impacto visual, utilizada como
zona de ocio e servizos, e cuxa xestión sería pública e municipal, en réxime de concesións”, a
actuación incluiría a zona situada entre a Ponte da Misericordia e o Porto Deportivo.

Exit mobile version