Nota de prensa:
O BNG DE BARREIROS DI QUE O QUE FIXO O ALCALDE DO INDIXENTE DE CELEIRO DE MARIÑAOS FOI UNHA AUTÉNTICA CHAPUZA. OS NACIONALISTAS ABOGAN POR UNHA SOLUCIÓN DE TIPO LEGAL.
Barreiros, 28 de abril de 2011. O BNG de Barreiros di que o que fixo ata o de agora o alcalde co indixente de Celeiro de Mariñaos foi unha auténtica chapuza. Os nacionalistas abogan por unha solución de tipo legal.
O portavoz do BNG, Antonio Veiga, sinlaou que “nós non xogamos con ningunha persona, si a este problema se lle está a buscar solución é porque o BNG levou o asunto a pleno a principios de ano a modo de rogo, non se fixo nada e despois se levou a través dunha moción. E nesa moción o que pedíamos é que desde o departamento de Servizos Sociais se lle buscara unha solución e no pleno desta semana o que se aprobou foi esa moción, buscar unha solución unha vez analizada a situación na que se atopa esta persoa. En ningún caso se votou por unanimidade a decisión de levalo para esa vivenda do campo de fútbol, ese era o seguinte punto e foi unha resolución persoal da alcaldía. Aí están os papeis para quen os queira ver. Todos os grupos políticos PP, PSOE, BNG e Independentes votaron a favor de buscar unha solución, pero foi o alcalde unilateralmente quen propuxo esa solución e foi asinada exclusivamente por él”.
Veiga Outeiro lembrou que “nós o que dixemos sempre é que lle hai que buscar unha solución legal, éste é un problema que levamos arrastrando dous ou tres anos e ata o de agora a alcaldía foi incapaz de solventalo, aínda a sabiendas de todo o que ocorría cando o desaloxaron da antiga estación de Feve, do albergue de Gondán, das escolas de Celeiro… aí xa había o problema e o Concello era coñecedor , os Servizos Sociais sabían o que pasaba. Cando un problema non se soluciona de inicio acaba engordando e acaba estoupando nas mans e iso é o que lles está a ocorrer ao alcalde de Barreiros, este problema fóiselle das mans por non querer solucionalo antes”.
Os nacionalistas entenden que “a solución debe ser legal, que trascende o que poida facer o Concello. Aí hai un problema de fondo coa situación persoal deste home, polo que todos sentimos máximo respecto e incluso eu diría que cariño, pero todo o mundo sabe que ten uns determinados problemas e que lle haberá que solucionar desde os servizos médicos ou desde onde sexa. Non podemos agachar a realidade, nin mirar para outro lado, nin dicir que este señor non ten problemas. Eu creo que hai informes incluso das forzas de seguridade do que ocorreu con esta persoa durante todos estes anos e ninguén quere mal para esta persoa, todos queremos unha solución, pero hai que buscala e ten que ser de tipo legal”. Antonio Veiga considera que “o que fixeron o Concello de Barreiros e Servizos Sociais ata o de agora é unha auténtica chapuza, o Concello sí que estivo a xogar con esta persoa porque unha persoa que tamén era traballadora do Concello foi a que a visitou acompañada das forzas de seguridade nos moitos sitios polos que ía pasando e do que o ían desaloxando. O comportamento do Concello non foi o axeitado nin o correcto, nonse quixo buscar ningunha solución desde a Concellaría de Servizos Sociais e por parte do alcalde non hubo intención ningunha. Hai que buscarlle unha solución”.
Facturas
O portavoz do BNG tamén se referiu ao recoñecemento extraxudicial de crédito aprobado no pleno do pasado martes e puntualizou “non podemos falar de traspapelar facturas. Cando o alcalde de Barreiros di que se traspapelaron facturas por importe de 13.000 euros o primeiro que van pensar os cidadáns e que algúns funcionarios traspapelaron esas facturas e iso non é certo. Nós teremos que defender, mentras non se demostre o contrario, o bó facer dos funcionarios e as funcionarias do Concello de Barreiros”.
Antonio Veiga manifestou que “o señor alcalde di que se traspapelaron porque lle dará vergoña recoñecer que gastou 13.000 euros por enriba do orzamentado. Foi o mesmo que se fixo no mes de febreiro, cando levaron a pleno un recoñecemento extraxudicial de créditos por 680.000 euros. Non creo que se traspapelaran facturas por ese importe. Polo tanto os 13.000 euros non é que se traspapelaran, é que o señor alcalde unha vez máis fóra de control orzamentario gastou 13.000 euros, cando había informes de Intervención que decían que algunhas partidas estaban acabadas e non se podía gastar máis. Esto e o que ven ocurrindo nos últimos anos e este ano máis agravado aínda porque non temos elaborados os orzamentos para o 2011”.
Desde o BNG conclúen que “o que pasa é que o señor alcalde gasta ao seu antoxo o que lle peta e o que lle da a gana. Entón, chove sobre mollado e polo tanto que non manipule a linguaxe dicindo que se traspapelaron, en todo o caso traspapelaríaas el. Pero mentres non se demostre o contrario haberá que defender o bó facer dos funcionarios e das funcionarias do concello de Barreiros”.