Nota de prensa
“A realidade e os feitos demostran que o pp de Alfoz non fixo nada polo Concello”
“E lamentable que o alcalde critique os resto de forzas políticas por obras que el non deu feito e que asuma como súas xestións que el non realizou”, “o alcalde parece non recordarse que a concentración parcelaria se desbloqueou cando el non era alcalde e co Bng dirixindo a Consellería de medio rural”, “eu mesmo estaba en Alfoz co delegado de medio rural da Xunta cando anunciou o desbloqueo das obras de concentración que o pp tiña paralizadas dende fai moitos anos é o alcalde non estaba por ningún lado , é moi facil facer demagoxia e intentar enganar os veciños, pero se quere podemos tirar de hemeroteca para comprobar que o que dí é mentira parécenos dunha cara dura tremenda a actitude que teñen”, “e máis, o pp en canto entrou de novo no goberno da xunta paralizou outra vez o proxecto de aparcelamento, o cal desembocou na actual situación que temos coas pistas de concentración, que lle pregunten os veciños cantos anos tivemos con pistas de terra donde antes había carreteras”.
Dende o pp empezaron só ahora en visperas electorais a prometer que ian solucionar o problema das pistas de concentración, fai 3 meses un alto cargo do pp prometía xunto co alcalde que estarían todas asfaltadas no prazo dun mes, pero de novo minten, só e necesario darse unha volta por elas para poder pisar a terra que teñen a meirande parte delas.
“A realidade está ahí para ver e comprobar, e verdadeiramente penoso que está xente do pp de Alfoz intente enganar así os veciños, o Plan xeral de ordeación municipal o pp en Alfoz no deu feito en 42 ano e Emilio Lousas xa o prometera cando comezou a lexislatura e resulta que xa rematou e ainda está sen facer”.
“O polígono indutrial resulta que tamén en 42 anos non foron capaces de facelo, o bipartito comezara a realizar un co veciño concello do Valadouro ata que Emilio Lousas paralizou o proxecto presentado reparos, parece ser que para o anterior goberno si era posible e para o actual non o é”.
“ Unha gran proba de que o pp de Alfoz engana os veciños , pódese comprobar soamente observando que dende fai anos eleccións tras eleccións prometen o PXOM, o polígono e o remate do aparcelamento, xa o prometera o anterior alcalde e o prometeu o actual, pero a lexislatura xa rematou e continuamos sen nada diso, continuamos coa columna vertebral do concello sen facer tras 42 anosde goberno”