Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Foz explica que a subvención de 30 mil euros do concello ao asilo foi so no ano 2009

Nota de prensa

O Alcalde de Foz, José Mª García Rivera, asegura que mentres outros nos dedicamos a traballar polo noso Concello e día a día facer obras e servizos para os cidadáns, o alcaldable do P.P., Javier Jorge Castiñeira, o único que fai e buscar bronca permanente e defender ao Sr. Feijo e a Xunta de Galicia, e seguir as consignas que fixeron sempre a vella garda do Partido Popular no Concello de Foz.

O Sr. candidato do P.P., novamente manipula e volve a mentir có tema do Asilo, lee un trozo dunha acta que claramente manifesta que a achega ao Asilo será anual, e refrendada pola Corporación Municipal, que será quen toma o acordo para conceder a subvención ao Asilo de Foz, a través da ONG Mensajeros de la Paz.

Pois ben, o Pleno da Corporación Municipal tomou o acordo para achegar ao Asilo 30.000 €, facendo o Alcalde na súa exposición a seguinte declaración: “esta subvención soamente é para o ano 2009”. A maiores asínase un acordo con Mensajeros de la Paz, donde di o convenio asinado que a achega é soamente para o ano 2009.

Ademáis é lóxico que así fora, pois Mensajeros de la Paz, manifestou que coas dez prazas que lle ía a dar a Xunta de Galicia, a Residencia sería viable e non faría falla máis achegas para cubrir o presuposto anual.

Tamén fala o Sr. Castiñeira na súa nota do campo de herba artificial de Malates, e tamén fala do Plan Provincial Lugo Emprega, a esto teño que manifestarlle:

1º.- O Campo Municipal de herba de Malates, está a facelo o Concello de Foz dentro do Plan Especial da Deputación Provincial de Lugo, donde lle correspondeu un 1.000.000 € ao noso Concello, e os deportistas de Foz e sobre todo a masa infantil e xuvenil, están encantados de poder contar con esta instalación.

Sr. Javier Jorge, Vd. e a Xunta de Galicia, nesta instalación, cero patatero, aínda que lles solicitamos subvención, volveron a decir cero patatero.

2º.- Debe falar Vd. do Plan Lugo Emprega, e sobre todo debe de decirllo á xente que neste Plan está a ter un posto de traballo no noso Concello, e a maiores este Alcalde, tivo que recoller a vergoña que protagonizou o Partido Popular, que non lle deixou traballar a uns homes e mulleres no Concello da súa procedencia, tendo que ser solidarios o Concello de Foz con estas personas e integralos na Brigada de Obras Municipal do Concello de Foz.

Sigo manifestando o mesmo, a Vd. iríalle moito mellor defendendo ao Concello de Foz e aos seus cidadáns, e non defendendo ao Sr. Feijo, á Xunta de Galicia, e a vella garda do Partido Popular de Foz.

Exit mobile version