O Alcalde de Foz, José Mª García Rivera, comunicou que a ONG Mensajeros de la Paz, que xestiona o Asilo, enviou unha carta ao Patronato do mesmo manifestando que a Xunta de Galicia – Consellería de Traballo e Benestar – non vai a dotar de praza concertadas ao noso Asilo. Polo que as persoas que obteñan a Lei de Dependencia deberán marchar á Residencia de Anciáns de Viveiro.
Este feito producirá un déficit de 50.000€ ata xuño, se se dá o caso de que existan residentes que desexen irse. As persoas que se queden será unha cifra reducida, polo que non será viable realizar a residencia.
O Patronato, ante tal situación, reuniuse de urxencia , concluíndo que non permitirán desmantelar o Asilo, e se pedirá por carta á Xunta unha reunión cos responsables destas decisións. Así mesmo, tamén se decidiu solicitar á Deputación unha axuda económica a maiores dos 7000€ que esta Administración dará para reparacións no edificio.
O Concello, explica o Alcalde, non pode soportar a cantidade que se lle solicita, posto que 30.000€ xa foron aportados.
O Alcalde comunicou na reunión que se comprometía a que o presidente da Deputación Provincial mantivera unha xuntanza co Patronato.
Feitas as xestións oportunas, José Mª García Rivera, explica que obtivo o compromiso para que a semana que ven se acorde un día para que teña lugar esta reunión, na que o presidente tamén explicará ao Patronato a partida económica existente no Plan Especial de Obras, de 33.600€ para realizar o proxecto da nova Residencia para Foz.
Manifesta o Alcalde que é difícil de explicar a falta de axuda por parte da Xunta para o noso Asilo. Cando pensábamos que este ano se concederían 10 prazas concertadas, se produce esta noticia. Pola nosa parte, di, non imos a permitir que ningunha persoa que non desexe marchar de Foz o teña que facer, e loitaremos para isto.