Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Barreiros asegura que servizo de administración electrónica da Deputación non funciona

Nota de prensa
ALFONSO FUENTE ASEGURA QUE O SERVIZO DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA DO QUE DISPÓN BARREIROS XA É UNHA REALIDADE, MENTRAS QUE O DA DEPUTACIÓN AÍNDA NON FUNCIONA. O REXEDOR SUBLIÑA QUE A SÚA IMPLANTACIÓN EN BARREIROS NON SUPUXO NINGÚN CUSTE PARA AS ARCAS MUNICIPAIS.

Barreiros, 7 de abril de 2011. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, asegura que o servizo de administración electrónica do que dispoñen 9 Concellos da Mancomunidade xa é unha realidade, mentras que o da Deputación aínda non funciona. Así resposta ás críticas verquidas nas últimas horas polo candidato do PSOE á alcaldía barreirense. Fuente Parga subliña que a súa implantación en Barreiros non lle supuxo ningún custe ás arcas municipais.

O rexedor sinalou que “esta obrigación dos Concellos sobre a administración electrónica ven do ano 2010 e que quero lembrarllo ao PSOE porque igual non o sabe. Tendo en conta que estamos no 2011 e que o programa Innóvate da Deputación a día de hoxe non funciona, os Concellos tiñamos que dar unha resposta legal porque hai unha lei que nos obriga a darlle este servizo aos cidadáns”.

Fuente Parga dixo que “aquí o que pasa é que ao PSOE non lle gusta que a Mancomunidade de Muncipios da Mariña fora máis rápido que a Deputación e que uns Concellos con bastante menos capacidade económica que a institución provincial andiveran máis rápido ca eles. Entón o PSOE o que debería facer é reflexionar, parece mentira que vaian máis rápidos os Concellos que a Deputación”.

O alcalde barreirense engadiu que “o que non sabe é coma o que non ve, decir que co programa da Deputación se poderán facer 79 procedementos, cando a través do programa que presentou a Mancomunidade para nove Concellos da Mariña se poden facer máis de 200 procesos… esto é comparar un 600 cun Mercedes. Os veciños de Barreiros, Xove, O Vicedo, Trabada ou Lourenzá, entre outros, xa están a disfrutar da administración electrónica e os outros Concellos aínda non contan con él”. Alfonso Fuente manifestou que “parece mentira que o PSOE sexa o que fai estas críticas porque entre eses nove Concellos que están na Mancomunidade hai un gobernado por un alcalde socialista, que é o da Pontenova, e decidiu adherirse a este programa porque o da Deputación non vai a día de hoxe. E decir que non costa nada é mentira, porque a nós a Deputación se puxo en contacto cos Concellos para ofrecernos dito servizo e nos costaba 30.000 euros. Trinta mil euros que lles costaba aos cidadáns e nós o fixemos pagando 8.000 a través do plan, é decir que non lles costou nada aos cidadáns de Barreiros e xa contan coa administración electrónica”.

Para o rexedor “unha persoa que descoñece e que incluso non vive no noso concello é normal que faga estas declaracións. Invito a toda a xente a que traballe xa coa administración electrónica, a que se relacione co seu Concello de forma máis áxil. Nós xa contamos con este servizo e a Deputación todavía non deu solución ao seu programa. O que sí vimos foi un montón de vallas publicitarias colocadas por toda a provincia, no seu día tamén se desprazaron cunha carpa hinchable por varios concellos, pero que hoxe se poida acceder nunha páxina do Innóvate para facer algunha xestión vía internet con outros concellos non se pode facer”. Fuente recalcou que “a Mancomunidade andivo máis rápido que a Deputación e hai que recoñecelo e o PSOE ten que recoñecelo”.

Exit mobile version