Nota de prensa:
9º ENCONTRO DE AMIGOS/AS NOS PENIDOS
Queres coñecer a montaña do Valadouro?
Gostarias de botar un dia de lecer coa xente da Liga?
Desexas saber que tesouros arqueolóxicos se agochan nos cúmios que circundan as lendárias terras de Pardo de Cela?
VÉN CANDA NÓS !
O sábado 9 de abril hai un roteiro pola contorna dos Penidos (San Tomé-O VALADOURO)
ITINERÁRIO DO ROTEIRO:
10:30 h.: SAÍDA DO CURRO DE SAN TOMÉ
NECRÓPOLE DO PADORNO
AS CURUXEIRAS
O PRADO DAS CHANTAS
PENA TEIXEIRA
CHAIRA DOS PENIDOS
PEDRAFITA DAS CURUXEIRAS
AS PARAÑOAS
CURRO DA RAPA DAS BESTAS (Xantar)
VÉN QUE CHE VAI PRESTAR !
Non é un roteiro duro, non andaremos longas distancias nen triparemos terreos costentos, faremos paraxes pra descansar e botar uns grolos de auga. Só tes que te lembrar de levar o xantar (empanada, friame, froita, beberaxe…), un calzado axeitado prao monte, un chuvasqueiro e bo humor… Trae gana de troula tamén, porque á noite temos unha cea de confraternidade no Bar San Pedro.
E se ainda tes dúbidas chámanos ou mándanos unha mensaxe electrónica, secadra non temos todas as respostas mais estaremos moi ledos de falar contigo e animarémos-te pra que botes o dia connosco, os da Liga somos moi persuasivos/as.
Contacto:
600 378 363
mensaxe2@hotmail.com
Pola tarde poderemos descansar e visitar outros lugares do val… E á noite… Grande cea da Liga no Bar San Pedro! Quen saiba tanxer que non esqueza os instrumentos musicais…!
Neste mesmo local teñen hospedaria -cuns prezos moi económicos- xaquelogo, quen veña de lonxe ou queira botar a fin de semana no Valadouro, pode ficar a durmir no Bar San Pedro, se desexas reservar cuarto chama ao 982 55 84 11.
Grazas a quen:
LIGA CÉLTIGA GALAICA*
BAR SAN PEDRO (Alfoz)