COMUNICADO DE PRENSA DE OS AVENTADOS
INTERVENCION DE OTERO REGAL
E DE BEN NACIDOS SER AGRADECIDOS
Este refrán ensináronnolo, posiblemente, os nosos maiores, no meu caso os meus pais. Agradecer é acordarse e corresponder con gratitude e prontitude por un beneficio recibido.
Unha gran calidade da persoa é saber agradecer e demostrar o agradecemento. A vida humana non se concibe sen a axuda dos demais. A capacidade de agradecer está moi relacionada con dar as grazas. Hoxe é preciso educar no agradecemento. Nesta sociedade todos crémonos persoas cheas de dereitos; e, como teño dereito a… ¡a todo!, nada teño que agradecer, porque todo correspóndeme asi sin mais, por a cara bonita. É un erro pensar que todo o que fan por nós é unha obrigación, e, xa que logo, que non hai que agradecer nada.
Unha persoa que sorrí é, xeralmente, alguén fiable e que sabe corresponder. Toda a vida é don, é agasallo. Toda a vida dependemos dos demais. A gratitude é sinal de elegancia persoal. E esio elegancia social e cultural e o que nos debe caracterizar a OS AVENTADOS.
INTERVENCION DE PABLO MOSQUERA
Volto o primeiro E DE BEN NACIDOS SER AGRADECIDOS Penso que este refrán transmite una verdad como unha catedral, é bon acode dar as grazas, agradecer. Hoxe en día é bastante raro atopar persoas que agradezan algo, o que sexa, que sentan agradecidas. Máis ben ocorre o contrario, que nos pensamos que imos sobrados de educación e que non fai falta gastar enerxía en algo tan trivial como transmitir agradecemento. O ser agradecido ten moito que ver coa educación, pero non entendida como instrución, senón como algo inherente a nós, algo máis xenético e hereditario. Hai persoas humildes e con poucos coñecementos que poden ser os máis agradecidos do mundo, e ao revés, hainos de moi bo berce e bos xeitos de face á galería, pero que logo son uns altivos que non contemplan a palabra grazas no seu vocabulario, porque pensan que o favor recibido é unha obrigación a eles debida. Non hai nada que me rebele máis que a mala educación das persoas, e a miña indignación cara aos maleducados é directamente proporcional ao nivel social e cultural que estes ocupan. É evidente, e constátase desde fai tempo, que estamos ante unha crise de valores. Palabras tan normais como por favor e grazas están caendo en desuso, ata tal punto, que cando escoitas a alguén pronuncialas parece un pouco marciano. Penso que unha das claves para ser e mostrarse agradecido é a humildade, o ser consciente de que unha non é o embigo do mundo, senón simplemente unha máis.
As 5 da tarde procedeise a entrega dos galardonados:
OS AVENTADOS ACORDARON POR UNANIMIDADE A CONCESIÓN DO PREMIO “ARDELLE O EIXO” A:
Carlos Nuevo Cal
Cronista Oficial de Viveiro, Profesor e Historiador
POLA SUA LABOR CULTURAL,
Por achegar as xeneracións futuras á realidade histórica da nosa bisbarra, para que non se cometa o erro de que olvidamos o noso pasado e voltemos a caer en vellos erros.
E POR SER UN GALEGO BO E XENEROSO
Recolleu o galardon Carlos Novo Cal a o que acompañaron membros do Seminario de Estudos Terra de Viveiro
E
ACORDOU POR UNANIMIDADE A CONCERSION DO PREMIO “ARDELLE O CARRO” A:
CRISE
Auténtica epidemia social, e a os agoreiros e eternos pesimistas que pregoan día si e día tamén en contra dunha saida da mesma, moitas das veces levando o carro a donde lles beneficia e de paso traéndonos a mal vivir e fastidiándonos a alegria de vivir.
AQUÍ como sucede a miudo nadie recolleu o galardon, a pesares de que son moitos o que o merecen.
ESTE ANO ADEMAIS INSTITUIMOS UNS NOVOS PREMIOS
OS AVENTADOS ACORDARON POR UNANIMIDADE A CONCESIÓN DO PREMIO “A TODA UNHA VIDA”
A
MODESTO RIVERA FRANCO
Sanciprianes de pro, a pesares de que nacera na Porta da Vila de Viveiro, namorado desta terra e do seu mar,
Doutor en Dereito e membro da Academia de Xurisprudencia e Lexislación Galega. Procurador en Cortes, representante do sector pesqueiro, tivo a responsabilidade de xestionar a Secretaría de Pesca e Mariña Mercante da Unión Nacional de Cooperativas do Mar. Negociador decisivo dos tratados pesqueiros con Marrocos, desempeñou a Xefatura de Servizo de Estudos Económicos e Comerciais da Subsecretaría de Pesca e Mariña Mercante e a Subdirección Xeral de Economía e Planificación Pesqueira. Foi inspector xeral de Ensinanzas Náutico-Pesqueiras, asesor executivo do Ministerio MAPA, coordinador parlamentario, e autor de varias publicacións especializadas.
Foi ademais un home honrado, pois foi o primeiro que soupo da instalacion de Alumina- Aluminio nestas terras e non se beneficiou delo, outros mercarian apresa terras e moreas para especular, axudou a que se creara boa parte da frota pesqueira de Burela, a instalación de piscifactorías na bisbarra, e foi sobre todo unha persoa boa e xenerosa.
Por elo e un pouco tarde lle concedemos esta distinción.
Recolleuno o seu fillo o periodista e aventado de honrra Javier Rivera e a sua filla.
OS AVENTADOS ACORDARON POR UNANIMIDADE A CONCESIÓN DO PREMIO “AVENTADOS A O MECENAZGO
A FUNDACION ALCOA
Pola sua axuda desinteresada a multitude de actividades culturais, sociais , deportivas, educativas, etnográficas ecolóxicas que por medio dos seus traballadores esta a patrocinar na COMARCA DA MARIÑA.
E raro, sobre todo nos tempos que corren que unha empresa radicada na nosa comarca destine unha parte do seu presuposto a espallar a cultura e a solidaridade pola bisbarra.
Por eso OS AVENTADOS queremos atorgarlle esta primeira edicion deste premio e apoiar para que siga obrando de tal xeito.
Recolleron o galardon
Sendas representantes da Fundacion Alcoa
OS AVENTADOS ACORDARON POR UNANIMIDADE A CONCESIÓN DO PREMIOS “A” AVENTADOS DE CALIDADE A OS ESTABLECEMENTOS DE HOSTELERIA
“O ALMACEN DE CERVO”
“O ASADOR DE VIVEIRO”
E
“A CONFRARIA DE RINLO”
Estes premios créanse coa intención de distinguir a distintos empresarios do sector na Mariña polos seus esforzos na potenciación da cociña galega no ámbito da Mariña.
Recolleron os galardon os propietarios e familiares de ditos establecimientos
E próximas edicións atorgaremos os PREMIOS “A” AVENTADOS DE CALIDADE a outras empresas e iniciativas que merezan tal distinción.
Os premios consistirón nun diploma, unha medalla e unha escultura de Otero Regal.
No caso dos PREMIOS “A” AVENTADOS DE CALIDADE” entregouselles unha placa para poñer a entrada do establecemento.
SAN CIPRIAN-2011