O Bloque Nacionalista Galego de Burela presenta a súa candidatura ás eleccións municipais do vindeiro mes de maio como unha candidatura de futuro para gobernar o concello de Burela e para que as e os veciños sexan parte activa e comprometida á hora de decidir o futuro do noso pobo.
É unha candidatura na que se implican persoas, por un lado, cunha dilatada traxectoria ao servizo dos cidadáns e cidadás de Burela, con demostrada solvencia e capacidade para garantir un goberno municipal competente e ao servizo de todos e todas, e, por outro lado, con persoas novas (de idade e/ou traxectoria política) pero decididamente comprometidas con Burela.
O noso obxectivo é dar continuidade e impulsar este traballo de compromiso con Burela, con servizos públicos fortes que atendan as necesidades sociais e cun desenvolvemento económico sólido. As melloras nos servizos, benestar social, promoción económica e infraestructuras con que contamos hoxe, non poderían entenderse sen a acción de goberno dos concelleiros do BNG nestes últimos catro anos. Unha afirmación que consideramos que é plenamente recoñecida pola veciñanza de Burela que avalía dun xeito moi positivo a acción de goberno do nacionalismo, tal e como vimos recollendo ao longo destes últimos catro anos.
E para continuar avanzando, porque non podemos retroceder volvendo ao pasado, presentamos unha candidatura formada por oito mulleres e nove homes que, con experiencia, ilusión, traballo e orgullo por Burela, traballan e traballarán polo benestar e futuro de todos os veciños e veciñas do noso pobo.
Candidatura do BLOQUE NACIONALISTA GALEGO Eleccións municipais 2011- BURELA
1- NEVES CANDO LÓPEZ. Profesora Ensino Secundario e actual Tenente Alcalde
2- JOSÉ GONZÁLEZ LEGAZPI. Empresario
3 – INMA OROL JANEIRO. Mestra
4- GRACIANO RIVEIRA PERNAS. Técnico Telecomunicacións
5- SENÍN GONZÁLEZ BAÑO. Estudante Dereito
6- DOROTEA GONZÁLEZ FRAGA. Empregada Comercio
7- ALBANO GONZÁLEZ CANCIO. Músico e Licenciado Historia da Arte
8- AMPARO PENA OROZA. Empresaria
9- MARIO PILLADO MON. Enxeñeiro Químico e Técnico Eficiencia Enerxética
10- LETICIA MASEDA FERNÁNDEZ. Profesora Ensino Secundario
11- ROSA ANA POSADA EXPÓSITO. Empregada Comercio
12- XOSÉ RAMÓN MASEDA BLANCO. Traballador Alcoa
13- JUAN PEINÓ CASTRO. Traballador Alcoa
SUPLENTES
14- Mª JOSÉ CUESTA FERNÁNDEZ. Profesora Ensino Secundario
15- XOSÉ LOIS LÓPEZ RÁBADE. Enfermeiro e Técnico Prevención Riscos Laborais
16- Mª CRISTINA LAGARES CALVO. Traballadora do Hospital da Costa
17- MANUEL PARGA NÚÑEZ. Profesor Ensino Secundario