Site icon Crónica3.com A Mariña

Marcelino Otero encabeza a lista do BNG en Ourol

Nota de prensa

Os nacionalistas ofrecen un “Pacto por Ourol” para crear emprego, aumentar servicios e parar o despoboamento.

Marcelino Otero encabeza a lista do BNG en Ourol.

A Asemblea Local do BNG de Ourol procedeu a aprobar a lista coa que concurrirá  as vindeiras eleccións do municipais do 22 de Maio e que outra vez volverá a ser encabezada por Marcelino Otero Franco, veciño dos Colviños, delineante, traballador dunha empresa de xestión de servicio e Presidente da asociación Cultural “O Milleiro”.

Marcelino Otero afirmou que “ a candidatura do BNG é unha equipa para posibilitar o cambio político do que  Ourol está tan necesitado, unha equipa para mudar o rumbo dun Concello dirixido por un goberno esgotado, unha equipa para devolver a ilusión aos veciños e restaurar a democracia. Democracia que significa igualdade no trato para os veciños, democracia que implica entender as persoas como suxeitos de dereitos, democracia, en definitiva, que debe representar un novo xeito de entender a política local, non como espacio para a confrontación, senón como legar de diálogo en defensa do interese xeral de Ourol”

O candidato nacionalista adiantou que “as liñas centrais da alternativa programática dos nacionalistas van na triple dirección de favorecer o desenvolvemento económico do Concello, afortalar os servicios sociais e mellorar as infraestructuras municipais básicas. Non hai posibilidade algunha de asentar a poboación no Concello se non se actúa nestes tres eixos”, ao par que fixo un chamamento a un Pacto por Ourol “ porque é momento de buscar solucións e non de agravar aínda máis os problemas dos nosos veciños. Podemos e temos que poñernos de acordo o conxunto dos grupos que nos presentamos a estas eleccións e que imos formar parte da próxima corporación deixando a un lado as diferencias partidistas, a comezar pola creación de emprego, a mellora de servicios e a creación de solo residencial ,na medida que unha cuestión previa para posibilitar asentar poboación no Concello e que o despoboamento se paralice. Ourol estase desangrando ano tras ano, perdendo veciños a un ritmo moi grande, polo que debemos estar a altura das circunstancias”.

Os nacionalistas destacaron que “ a nosa candidatura é unha equipa de traballo, social e xeograficamente plural, con gañas e ilusión sen outra atadura que a defensa do interese xeral. Un equipa renovada na práctica totalidade, agás na cabeza de lista, pero sobre todo homes e mulleres que non son máis que a cara dunha proposta de futuro para o noso Concello que a que se recolle no noso programa. En definitiva é unha comprometida co interese xeral que non co particular, co noso concello que non con pexes partidarias e fundamentalmente cunha vocación de servicio a todos os veciños. Presentamos para solucionar problemas, non para crear outros, dividindo aos veciños ou enlameirando  a vida política local”.

A candidatura do BNG completase cos seguintes persoas nesta mesma orde: Susana López Hermida (Ourol – Ensinante e ex-directora do CEIP de Ourol), Chefa Penabade(San Pantaleón-Pintora), Xoán Carlos López Hermida(Miñotos-Técnico Informático), Roberto Bouça (Sabucedo-Musico), Loli Cora(O Carme-Asalariada), Samuel Fernández(Ourol-Autónomo) Xoán Carlos Maseda (Asalariado-Merille), Carina(Miñotos-Perruqueira) e Pedro Trigo, natural de Ourol, emigrante en Cuba, actualmente residente en Barcelona, heroe de Moncada e irmán de Xulio Trigo. Marcelino Otero destacou  o convencemento da totalidade dos membros da candidatura de que “chegou a hora do cambio político a Ourol. Os resultados de fai catro anos, onde o PP mantivo por un escaso marxe  a maioría absoluta , non deixan lugar a dúbidas de que o próximo 22 de Maio ábrese un novo tempo en Ourol, un novo tempo que pensamos que vai ser liderado polo BNG e que vai significar en primeiro lugar a devolución do poder aos veciños, queremos que sexan os veciños quen gobernen no  noso Concello e poñer remate ao secuestro do mesmo por parte do Goberno Local”

Exit mobile version