A figura do Maio percorrerá as rúas de Lourenzá na tarde do domingo, 1 de maio, acompañado do tradicional carro da “Madalena”. A saída será ás 16:30 horas dende o Mercado Gandeiro e rematará na Praza do Conde Santo diante do Concello, acompañado pola actuación e pasarrúas da sección musical da Escola Municipal de Música e Danza “Osorio Gutiérrez”. Haberá entrega do tradicional “Doce do Maio” aos nenos.
Lourenzá celebrará o Día do Maio