Nota de prensa
FERNANDO SUÁREZ VALORA DE XEITO POSITIVO A LOCALIZACIÓN DOS PRESUNTOS AUTORES DOS ACTOS VANDÁLICOS OCASIONADOS A SEMANA PASADA NA ÁREA RECREATIVA DE O CARGADEIRO. O REXEDOR SUBLIÑOU QUE A COLABORACIÓN CIDADÁ FOI FUNDAMENTAL PARA DAR CON ELES.
Ribadeo, 12 de abril de 2011. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, valora de xeito positivo a localización dos presuntos autores dos actos vandálicos ocasionados a semana pasada na área recreativa de O Cargadeiro. O rexedor subliñou que a colaboración cidadá foi fundamental para dar con eles.
Suárez Barcia manifestou que “si hai uns días falabamos dos enormes danos causados por uns desaprensivos no parque do Cargadeiro, a día de hoxe podo falar de que grazas á colaboración cidadá Policía Local e Garda Civil puideron dar cos presuntos autores destes actos vandálicos que tanto rexeitamento estiveron e están a provocar en Ribadeo ao longo destes días”.
O alcalde felicitou públicamente á Policía Local e á Garda Civil “e sobre todo debo valorar a liña de actuación que se derivou dunha información cidadá fiable, que foi fundamental para que se puidese chegar ao final a atopar aos presuntos culpables de toda esta desfeita. Algún deles a min persoalmente véume pedir disculpas, iso honrao pola súa parte, pero desde logo para nada o eximirá do pago de ningunha pena”. Fernando Suárez sinalou que “estes presuntos culpables cando o ámbito xudicial o determine terán que restituir á comunidade o destrozado, terán que pagar todo o mal que fixeron, que non se quedou nunhas cantas bombillas… romperon farolas, focos, que supoñen unha cantidade económica importante e que agora eles debederán restituir á comunidade para que o paseo volte a estar operativo canto antes, xa que é unha zona á que acude moita xente a disfrutar a diario”.
O rexedor dixo que “non me canso de insistir, e sei que algún membro dalgún grupo político atacou ao alcalde dicindo que lle gustaba ser policía, en que valoro moi positivamente a colaboración cidadá e iste é un exemplo evidente de que cando hai colaboración cidadá simplifícase moito a tarefa dos corpos e forzas de seguridade e derivou en que se puidese localizar aos presuntos autores dos feitos. Espero que esto non se volte a dar nunca máis, é un exemplo positivo de que a colaboración cidadá acaba dando os seus froitos, a pesares de que a algún político, que está en campaña xa, non lle guste que o alcalde de Ribadeo diga estas cousas”.