Site icon Crónica3.com A Mariña

Exposición de Aina Noguera, “Bailando á doce luz do espazo”, no centro cultural de Cervo

Nota de prensa:
O CENTRO CULTURAL E DE SERVIZOS Á CIDADANÍA DE CERVO ACOLLE A EXPOSICIÓN DA PINTORA CERVENSE AINA NOGUERA “BAILANDO A DOCE LUZ DO ESPAZO”

A mostra permanecerá nas instalacións municipais ata o 28 de maio, en horario de luns a venres de 11 a 14 horas y de 17 a 20 horas.

Cervo, 13 de abril de 2011- A Sala de Exposicións do Centro Cultural e de Servizos á Cidadanía de Cervo –edificio contiguo á Casa Consistorial- acolle a mostra BAILANDO A DOCE LUZ DO ESPAZO con pinturas da artista cervense Aina Noguera

A presentación da exposición, realizarase o vindeiro vernes 15 de abril, as 20:00 horas. A pintora, Aina Noguera cursou estudios de Belas Artes pola Universidade de Barcelona. A obra que nos achega é pintura abstracta cunha grande supremacía da cor sobre formas concretas.

A artista ten previsto pintar en directo na Sala de exposicións para aqueles que estean interesados en ver as técnicas de realización das súas pinturas.

Segundo explicou a concelleira de Cultura e Xuventude, Chelo Gallego, na mostra “dominan los colores vivos, amarillos, azules, blancos, que sugieren paisajes y espacios imaginarios de sorprendente belleza”.

A exposición permanecerá aberta ata o día 28 de maio, na Sala de Exposición do CSCC nun horario de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas. A entrada é totalmente gratuíta así como tamén a participación na presentación, á que están convidados todos os interesados no mundo da arte.

Exit mobile version