Site icon Crónica3.com A Mariña

Estradas nacionais

Boa idea a do cartel en Barreiros, para que arranxen un furado na estrada. Claro que con este método as estradas nacionais de Lugo estarían inzadas de carteis.
Para cando un amaño decente desas estradas nacionais 634, 642 e 640 ao seu paso pola bisbarra. Na 642 que é a que mais uso nestes tempos, da pena ver como está pola costa de Mañente, pola variante de Foz, que ten poucos anos.
Ata cando os sufridos condutores temos que aguantar este estado das estradas?
Moi mala administración dos cartos é o que hai neste país. Vexan senón dous casos próximos e recentes: a cementada do Cenima en Foz e a ponte de Fazouro, redondeando 10 millóns de euros? De qué e para qué?

Brais

Exit mobile version