Nota de prensa:
Como cada ano o IES PERDOURO ven mantendo colaboracións con empresas da comarca. O pasado mércores 30 de marzo, alumnos de 2º de Bacharaleto visitaron a planta de ALCOA en San Cibrao para coñecer in situ os procesos electrólises e o de transformación da bauxita en alúmina. O grupo de escolares estivo acompañado por técnicos da multinacional, que guiaron a visita e explicaron os distintos procesos de produción.
Coordinada por a profesora Ana Vázquez, a visita foi organizada polos departamentos de Tecnoloxía e o de Física e Química, José Manuel Barcia, coordinador da Formación en Centros de Traballo dos alumnos e alumnas de Formación Profesional do IES PERDOURO, acompañou a expedición.
Departamento de Fabricación Mecánica
A multinacional ALCOA, un ano máis, fixo entrega ao departamento de Fabricación Mecánica de 1 Tonelada de aluminio, que o alumnado do Ciclo Medio de Mecanizado e o do Programa de Cualificación Profesional Inicial en Fabricación Mecánica empregarán nas prácticas de taller.
Outro dos materiais que o alumnado do IES PERDOURO emprega nas prácticas de fabricación Mecánica é o aceiro. Pola súa parte, a empresa Garsán de Burela, fixo entrega ao centro dunha importante cantidade deste material.
O IES PERDOURO quere agradecer a colaboración das empresas da comarca, que facilitan a formación práctica dentro das aulas do alumnado dos distintos ciclos formativos de formación profesional.