E F E M E R I D E
O libro, de mais de cen páxinas, leva un Pórtico do que foi insigne escritor e xornalista don Xosé Trapero Pardo i está ilustrado cunha trintena de fotos de Sergio e un magnífico debuxo da capela do Bispo Santo, realizado por Eugenio Hermida. Concebido a xeito de guía, descrebe de forma un tanto poética o itinerario dende a vila ata a que hoxe é basílica, e continúa pola ruta Pardo de Cela, para o que inclue un gráfico que sinala o roteiro. Está esgotado, dende hai moitos anos. O ser a primeira das publicacións locais, fai dél un fito, nos anais da expresión cultural do pobo focego; non faltará quen, íntimamente, o celebre…