Site icon Crónica3.com A Mariña

Di o PP que o Parlamento acordou pedir á Xunta a elaboración do proxecto construtivo do plan de reorganización do porto de Foz

Nota de prensa

O Presidente de Portos de Galicia presentaba fai menos dun mes o estudo de viabilidade para facer realidade esta ambiciosa proposta impulsada polo PP local e que chega á Cámara galega da man de Jose Manuel Balseiro

O GRUPO popular da un paso adiante nO PLAN DE REORGANIZACIÓN INTEGRAL DO PORTO DE FOZ e logra no parlamento un acordo para pedir á xunta a ELABORACIÓN DO SEU proxecto construtivo

Segundo Balseiro “o PSOE viña de farol: Pretendía bloquear a redación do proxecto ata 2012 e non quixo aceptar unha proposta de transacción para que o departamento estatal de Costas investira polo menos o 50% do que está disposto a achegar Portos de Galicia no proxecto de reorganización portuaria e no dragado”

Os populares establecen algúns dos usos concretos que debe albergar estes espazos portuarios: “…a estación marítima náutica, espacios verdes, servicios turísticos e de lecer, un gran centro de ocio, a casa da música e un aparcamento soterrado”

Santiago, 7 de abril de 2011.- A Comisión 2ª, de Obras Públicas e Servizos, do Parlamento de Galicia aprobou no día de hoxe unha iniciativa do Grupo Parlamentario Popular, a instancia do deputado Jose Manuel Balseiro, pola que se dá un paso adiante máis para facer realidade o plan de reorganización integral do porto de Foz. Populares e nacionalistas uniron os seus votos –deixando só ao PSOE- para apoiar un acordo que pide á Xunta a elaboración do proxecto construtivo deste ambicioso proxecto.

O PSOE QUÉDASE SOLO

O deputado popular Jose Manuel Balseiro tamén sinalou que mentres que o BNG se sumou á proposta popular, os socialistas pretendían pola vía da introdución dunha emenda bloquear o plan de reorganización portuaria. De feito o PSOE condicionaba na súa emenda a redación deste proxecto ata o ano 2012 “cando –tal e como explicou o PP- podería levarse adiante esta redacción do proxecto na presente anualidade” (Portos de Galicia dispón dunha partida xenérica de 18 millóns de euros para investimentos varios).

O PSOE NON ASUME UNHA PROPOSTA DE TRANSACCIÓN

Os socialistas tamén pretendían que o departamento estatal de Costas intervira na elaboración deste proxecto de reorganización portuaria pese a non ser un espazo da súa competencia. Precisamente neste punto demostrouse que a posición do PSOE era “un farol”. Balseiro Orol ofreceu un acordo de transacción que pasaba polo seguinte: Que Costas do Estado asumira o compromiso de investir nos espazos da súa competencia polo menos o 50% do que Portos de Galicia investirá na reorganización do Porto e no dragado. Pese a bondade da petición o PSOE non a aceptou.

Balseiro Orol lamenta que os socialistas non queiran sumarse ao consenso e sinala ademais o feito curioso de que pretendan investir no Porto e néguense a facelo noutros espazos da competencia estricta do departamento estatal de Costas, hoxe totalmente abandonados, como é o caso do paseo do Malate. O deputado popular concluiu que “en 16 anos de goberno socialista en Foz, sete en Madrid e destes, catro en concorrencia coa Xunta bipartita e a coa Deputación provincial, os socialistas non se acordaron do porto de Foz para nada”.

USOS CONCRETOS

O acordo final do Parlamento de Galicia recolle ademais algúns dos usos concretos que debe albergar os novos espazos portuarios: a creación dunha estación marítima náutica, de espazos verdes axardinados, de servizos de interese turístico e de lecer, un gran centro de ocio, a casa da música e un aparcamento soterrado. Jose Manuel Balseiro sinalou que todas estas actividades teñen que desenvolverse en plena sintonía, harmonía e compatibilidade coa histórica actividade pesqueira que alí supervive e concluíu sinalando que deste xeito o Porto recuperará o papel central e principal que, no conxunto da vila, no seu día tivo. Balseiro tamén lembrou que o Presidente de Portos de Galicia xa presentou fai menos dun mes o estudo de viabilidade para facer realidade esta ambiciosa proposta e que o proxecto é idea e foi impulsado polo PP local.

Exit mobile version