Hoxe pola mañá, ás 9:30 horas, comezou o CURSO DE FOTOGRAFÍA que o Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, organiza para o Colectivo de Fotografos de Xove, ousexa, os fotógrafos/as que durante os últimos tres anos participaron nas exposicións de XOVE 360º.
O Curso ten lugar na Aula de Formación do Concello, lugar onde se están a realizar as clases teóricas do mesmo. En canto ás prácticas, parte vanse realizar na citada Aula, e as restantes en diversos lugares exteriores do noso Concello.
Non se trata dun curso de iniciación, xa que tódolos participantes teñen xa un certo nivel neste mundo da fotografía; polo tanto, o que pretende este curso é aumentar o nivel de coñecemento dos participantes dentro do eido da fotografía.
O Programa do Curso, é o seguinte:
DIAS DE REALIZACIÓN: SÁBADO 2 E SÁBADO 9 DE ABRIL DE 2.011. Horario: aproximadamente 3 horas pola mañá e outras 3 pola tarde cada día.
-PERSOA QUE VAI IMPARTIR O CURSO: JAVIER ARCA.
-PROGRAMA:
Xornada 1 (SÁBADO 2 DE ABRIL):
Mañan
9.30 horas – Presentación.
10 horas – Clase teórica: Componentes de unha cámara dixital: Evolución da cámara. Formatos. Tipos. O mecanismo de enfoque. Elementos da cámara: obxetivo, obturador, diafragma, visor, fotómetro.
12 – 13.30 horas – Clase práctica: Practicas de funcionamento da cámara, xeral e individualizado.
Tarde
16 horas – 17 horas – Clase teórica: Probas de medición de luminosidade. Obxetivos. Distancia focal. Tipos: fixos ou zoom. Profundidade de campo. A velocidade de obturación.
17 – 19 horas – Clase práctica. Practicas de configuración de cámara, velocidade de obturación, configuración do diafragma, medición de luz, etc.
Xornada 2 (SÁBADO 9 DE ABRIL):
Mañan
10 horas – Clase teórica: Revisión de traballos. O captador dixital. O píxel. Formación do color. Concepto de resolución. Concepto de calidade de imaxen dixital. Tamaño do sensor e do píxel. Tipos de sensores. Sensibilidade e ruído. Balance de blancos…
12 – 13.30 horas – Clase práctica: Practicas de fotografía dixital en modo manual. Configuración e elección de ISO, etc.
Tarde
16 horas – 17 horas – Clase teórica: Tratamento informático da imaxe dixital. Revelado dixital e aspectos a ter en conta antes do revelado.
17 – 19 horas – Clase práctica. Practicas de revelado dixital
CONTACTO:
DOLORES METÍN, CONCELLEIRA CULTURA
TFNO: (690 650 631) E (982592001 EXT: 217)