Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo informa que postes da estrada da costa soportarán alumeado e fibra óptica

Nota de prensa:
Cervo avanza no ámbito das tecnoloxías da comunicación e servizos

INSTALAN POSTES NA ESTRADA DA COSTA QUE PERMITIRÁN ALBERGAR A REDE DE FIBRA ÓPTICA E DE ALUMEADO PÚBLICO

Cervo, 28 de abril de 2011.- Co gallo do convenio subscrito entre o Concello de Cervo e a empresa de telecomunicacións “R” para despregar a rede de fibra óptica no municipio procedeuse á instalación duns postes de formigón na estrada litoral da Costa, máis en concreto, entre o polígono industrial de Cuíña e o burgo de Rueta.

Froito deste convenio a empresa cédelle ao concello estes postes de formigón que permitirán tamén, nun futuro, a instalación de alumeado público. Para iso, neste espazo, o despregamento da rede de fibra óptica é ao aire e non mediante canalizacións soterradas como acontece no resto do concello.

As obras que está a desenvolver a compañía de telecomunicacións no termo municipal van polo bo camiño e así por exemplo, ademais da zona descrita, na actualidade tamén traballan na rotonda de acceso a San Ciprián.

O rexedor municipal Alfonso Villares lembra que unha vez rematados os traballos os beneficios da posta en servizo da nova rede de fibra óptica e as múltiples servizos que ofrece a creación desta nova infraestrutura serán moi superiores ás molestias que nestes días poden ocasionar aos veciños a execución das disintas obras que está a realizar a empresa “R”.

Exit mobile version