Nota de prensa:
DÍA DO XUBILADO
XXVIII EDICIÓN
D.ALFONSO VILLARES BERMÚDEZ, Alcalde-Presidente do Concello de Cervo, INFORMA:
O Domingo 1 de maio do 2011 celebrarase o Día do Xubilado, coa presenza de 600 xubilados. PROGRAMACIÓN:
*Recollida dos participantes. Os autobuses farán os seguintes percorridos ás horas indicadas:
-Autobús 1: Rúa (ás 11:00h) –Viladesuso (ás 11:30) – Gondrás (ás 11:45) -Lieiro
-Autobús 2: Castelo (ás 11:00h) –Trasbar- Casa do Concello (11:30h)- Florida (11:45h)
-Autobús 3: Sargadelos (11:00h)- Paraño- Figueirido (11:15)- Rueta-Cuiña(11:30h)- Río de Oro- Espiñeirido- Riocobo.
-Autobús 4: San Román (11:15h)- A Senra- O Pedregal (11:45)
*12:00 Xuntanza de tódolos asistentes na Praza Dos Campos.
*12:30 Sesión Vermut
*14:00-14:30 Comida-baile na carpa que se colocará na Praza Dos Campos.
Haberá ademais diferentes sorpresas que se darán a coñecer ao longo da xornada.
Cervo, 26 de Abril de 2011