Site icon Crónica3.com A Mariña

As últimas enquisas

AS ULTIMAS ENQUISAS
As últimas enquisas sinalan cada vez de modo máis claro que a intención de voto dos españois é popular. Vaise producindo pouquiño a pouco un desapego, un arrefriado, un afastamento cidadán da retórica amable dun leonés de olliños azuis. Zapatero

O zurrón do adeus de ZP foise enchendo ao longo de sete anos longos dende a súa chegada en tren de proximidade á Moncloa, a rendición a ETA, a ruptura de España, a España das autonomías, as nevadas, a persecución ao PP, a crise económica, o paro, a división entre españois, o infanticidio, a persecución da Igrexa católica, o ataque liberticida á prensa libre, a roupa das súas fillas e os secuestros de pesqueiros vascos no Índico, entre millóns de cousiñas día si e día tamén.

Á beira, o salvador galego de barba branca e pelo tinguido, o que nos falou da nena e do Tato, pero non nos fala de Gürtel, cunha valoración baixisima e un gran rexeitamento de propios e estraños, parece que vai a herdar axiña o chaleciño de Moncloa.

É claro que Zapatero non chegou á Moncloa por conspiración algunha e que se alguén enganou foi o núcleo próximo ao dono do caderno azul, que con ETA non houbo rendición, senón o enésimo intento de diálogo, o primeiro ao que se lle acompañou con sucia demagoxia partidaria; é claro que España non se rompeu e que as autonomías levaban décadas funcionando antes da chegada a Moncloa de Zapatero; é evidente que todos os invernos hai problemas de tráfico coas nevadas; é evidente que ao PP e a calquera se lle debe perseguir se se deixa ensuciar pola corrupción; é claro que a crise económica é internacional , A sempre nomeada como exemplo Alemaña, ten dez millóns de parados e cinco a Gran Bretaña, e que a burbulla nacional foise fabricando durante décadas e creceu especialmente cando España ía ben; é claro que o paro, en crise e en non crise sempre foi máis alto en España que na nosa contorno; parece claro que a división entre españois provócana sempre os que máis gritan e odian, e non quen son insultados; é claro que reformar a Lei do aborto non é infanticidio; é claro que a Igrexa católica goza de privilexios moi suculentos e desde logo non é perseguida; é evidente que o que houbo é un torrente de bazofia pseudoperiodística cuasidelictiva, tolerada ata a estulticia e ningún ataque liberticida á prensa libre; parece evidente que se a Armada recomenda aos pesqueiros non viaxar fóra da zona de seguridade no Índico, e non se lle fai caso, é difícil protexelos.

Iso si, parece que o cansazo de ver sempre a mesma cariña fermosiña e os mesmos ollos azuis e as mesmas explicacións, dará nalgún momento por boa a ignominia mentireira e desleal. O cansazo é o que ten. Que é preferible pensar nun paseo polo monte o vindeiro sábado, ou na paliza do Barcelona a o do Real Madrid de un portugués que se atreve chamar a Alberto a Einstein

Otero Regal

Exit mobile version