Site icon Crónica3.com A Mariña

Anuncia o PP de Foz que o Conselleiro de Cultura asistirá ao acto do Desencravo en San Martiño

Nota de prensa:

O CONSELLEIRO DE CULTURA RICARDO VARELA CONFIRMA A SÚA ASISTENCIA AO ACTO DO DESENCRAVO EN SAN MARTIÑO DE MONDOÑEDO O VENRES SANTO

O conselleiro de Cultura confirmou a súa presenza aos membros da confraría, acompañados por Javier Castiñeira, durante unha reunión na que tamén se abordou a posibilidade de atribuírlle a Pascua focega o distintivo de Festa de Interese Turístico

Foz, 12/04/11.- O conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Ricardo Varela, confirmoulles esta mañá aos membros da confraría do Desencravo de San Martiño de Mondoñedo a súa asistencia ao acto principal da Semana Santa da parroquia focega, unha das máis antigas de España, que terá lugar o Venres Santo, 22 de abril, no contorno da basílica.

O conselleiro recibiu a invitación da man da presidenta do colectivo, Mónica Irimia, e mais de José Ramón Vila, acompañados polo popular Javier Castiñeira, que foi quen canalizou a visita por petición da propia confraría, días antes nunha das reunións que o candidato focego está mantendo coas asociacións do municipio .

Os membros da confraría tamén lle entregaron Ricardo Varela un dosier co fin de retomar de novo a posibilidade de nomear a Semana Santa de San Martiño como Festa de Interese Turístico, ademais de agasallalo cos libros das últimas edicións da celebración.

Esta festividade é unha das máis lonxevas de Galicia, con unha gran carga emotiva que nos últimos tempos, grazas ao traballo da confraría, está adquirindo unha importante significación dentro do panorama relixioso e cultural da Mariña. Centos de visitantes achegaranse á parroquia lucense este ano para gozar dos actos durante toda a Semana Santa, dende a celebración da VIII Semana da Música, coa homenaxe a Xosé Alonso, ata os actos propiamente relixiosos, con procesións e escinificacións de gran valor emocional e espiritual.

Exit mobile version