Nota de prensa:
Desde as 18.00 h veciños e visitantes poderán acceder e pasear por este espazo cen por cen público e libre de edificacións situado no centro da vila
MAÑÁ VENRES ABRE AO PÚBLICO A NOVA PRAZA DOS CAMPOS DE SAN CIPRIÁN
Serán os máis pequenos os primeiros en disfurtar da nova praza xa que o Concello instalará colchonetas e xogos a maiores dos parques infantís e a pista de xogos multidisciplinar que de xeito permanente estarán instalados nela.
O Concello instalou tamén un gran carpa no bulevar arborado da praza para albergar as actividades principais do Día do Xubilado que cada ano ten lugar o 1 de maio.
Cervo, 28 de abril de 2011.- O Alcalde de Cervo, Alfonso Villares vén de dar conta da apertura no día de mañá da nova praza pública dos Campos, en San Ciprián. Desde as 18.00 horas, e tras retirar o valado de obra, veciños e visitantes poderán acceder e pasear por este novo espazo cen por cen público e cen por cen libre de edificacións, situado no centro da vila.
Serán os máis pequenos os primeiros en disfrutar da grande potencionalidade desta nova praza pública xa que o Concello instalará colchonetas e xogos inchables para o seu divertimento, a maiores das dúas amplas áreas de xogos infantís e da pista deportiva multidisciplinar que de xeito permanente forma parte da nova praza.
O Concello de Cervo instalou tamén unha gran carpa, no espazo comprendido no interior do bulevar arborado da praza, que ten por obxecto albergar as actividades principais –baile e comida de confraternidade- da celebración do Día do Xubilado, que cada ano ten lugar o primeiro de maio.
PUNTO DE ENCONTRO PARA OS VECIÑOS
Alfonso Villares sinalou a nova dimensión que adquire o pobo de San Ciprián coa recuperación deste espazo de uso público, punto de encontro veciñal e área deseñada para o disfrute do tempo de lecer e esparexemento dos veciños, así como tamén quixo salientar o rexedro a axilidade e bo facer que ten caracterizado o desenvolvemento das obras.
Os 6.470 metros cadrados de terreo sobre os que se sitúa a nova praza permitirán desenvolver distintas actividades de ocio, así como outras ao aire libre como son o mercado semanal e as principais citas festivas. Ademais coa posta en servizo da praza dos Campos vénse multiplicadas as zonas arboradas, as áreas de repouso e o número de prazas para o estacionamento de vehículos.
Cómpre lembrar que durante os traballos de urbanización e construción da mesma aproveitouse tamén para actualizar as redes de saneamento, alumeado público, teléfono e outros servizos da contorna da zona, ademais de embelecer este gran espazo cun novo pavimento en granito, formigón e asfalto- e de dotar a área cun moderno mobiliario urbano.
O financiamento dos traballos para a súa construción correron a cargo da Xunta de Galicia que asinou para este obxecto un convenio co Concello de Cervo.