Site icon Crónica3.com A Mariña

A orquestra clásica de Xove e a coral polifónica Alborada ofrecen un concerto de música sacra en Viveiro

Nota de prensa

CORAL POLIFÓNICA ALBORADA DE VIVEIRO

CONCERTO MÚSICA SACRA

Luns, 18 de abril, ás 22.00 horas na igrexa de Santiago-San Francisco
ORQUESTRA CLÁSICA DE XOVE

Maio de 1990. Nun pobo da mariña lucense e co gallo da inauguración do centro cívico preséntase ante un auditorio abarrotado por mais de 5000 persoas, entre a incredulidade e o escepticismo, un grupo de nenos, os cales, dirixidos polo seu mestre, Xan Carballal, ían interpretar música “clásica”, cuns instrumentos que por aquel entón eran prácticamente descoñecidos no nos país.

E digo incredulidade e escepticismo polo que por aquel entón, suponía para un pobo como Xove, apartado xeograficamente de calquera centro, se é que existe no entorno, con tradición neste tipo de música. Pero grazas ao empeño deste mestre e dun alcalde que sempre confiou nel, o barco saíu a flote e podemos dicir que está oquestra é un luxo, un exemplo e unha honra para o Concello de Xove, para a comunidade galega e para toda España.

A pedra angular é a súa peculiar e particular filosofía de ser una orquestra de formación. Desta orquestra saíron moitos músicos que hoxe en día están a traballar en orquestras de toda a xeografía española. Músicos que empezaron de moi nenos e qque anos despòis se converteron en profesionais de gran nivel que continúan a tarballar coa orquestra compaxinándoa coas súas actividades profesionais en conservatorios e noutras formacións musicais.

É a única orquestra destas características en toda a comunidade galega e iso faina especial tanto no seu funcionamento coma na organización interna. Goza de dúas posibilidades no terreo interpretativo , xa que pode funcionar tanto coma orquestra sinfónica como orquestra de corda.

Dentro da programación anual da orquestra cabe destacar o “Curso de Semana santa “· que esta xa pola décimo sétima edición e que ano tras ano reúne en Xove a alumnos de toda a xeografía galega tutelados polos mellores mestres do momento. Outra das tradicionais actuacións programadas da orquestra é o “Concerto de Nadal” dedicado gran parte do repertorio aos valses da familia Strauss. En canto ás actuacións da orquestra, estas son de todo tipo, ten acompañado a solistas en números de zarzuela, instrumentistas, agrupacións vocais, etc. Outro dos campos que cultiva son os concertos didácticos e a participación en proxectos educativos entre eles o coñecido proxecto Sócrates. En canto á promoción a través de concertos, é importante subliñar que á orquestra non a move un interese de lucro, senón que a súa finalidade é a de promovela música e proporcinarlles aos seus integrantes a motivación a as oportunidades necesarias para seguir a traballar nesta liña tan concreta que dita agrupación se marca.

Coral Polifónica Alborada de Viveiro:

Co nome de Coral Polifónica del Casino de Viveiro e co mecenado de dita Sociedade Cultural e Recreativa, nace a CORAL POLIFÓNICA, no ano 1984, tendo executado o seu primeiro concerto, no Salón Rexio da devandita Sociedade, o día 11 de maio de dito ano.

Con data do 27 de febreiro do 2004, e por acordo unánime de todos os seus compoñentes, contitúese en Asociación independente, baixo o nome de CORAL POLIFÓNICA ALBORADA DE VIVEIRO.

Conta cun completísimo repertorio de música clásica, relixiosa, popular, habaneras, etc… e tendo dado unha multitude de concertos, por terras galegas, asturianas, castelano- leonesas, cántabras, así como tamén na Bretaña Francesa e Portugal

E sobresaínte a súa colaboración nos actos da Semana Santa de Viveiro, interpretando obras de Bach, Victoria, Beethoven, Perossi e outros autores sacros.

Organiza cada ano, coincidindo cas Festas Patronais de Viveiro, un FESTIVAL DE MÚSICA CORAL POPULAR, de moita sona en toda a bisbarra.

Conta na actualizade cunhas 36 voces , baixo a dirección do mestre LUIS VICENTE FERNÁNDEZ PRIETO.

PROGRAMA

1º parte

Orquestra

DANZA ÁRABE da suite n° 2 Peer Gynt……………………………..E. GRIEG

2º parte

Coro e orquestra

Cantata Herz und Mund und Tat und Leben. BWV 147 – Coral………. J.S. Bach

Pasión según san Juan. BWV 245 – Coral…………………………………..J.S. Bach

Gloria. RV 589 – Selección…………………………………………………………A. Vivaldi

1. Gloria in excelsis Deo (Coro)

3. Laudamuste (Dúo soprano-alto)

11. Quoniam tu solus Sanctus (Coro)

12. Cum Sancto Spìritu (Coro)

Rinaldo. HWV 7a – Aria Soprano.”Lascia ch´io pianga”. ……………..G.F. Händel

Messiah. HWV 56 – Coro “Hallelujah!”………………………………………G.F. Händel

Soprano: Mariví Maragoto Justo

Alto: Dolores Fernández Basanta

Exit mobile version