Mancomunidade
O alcalde de Barreiros e presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfonso Fuente, subliñou que “no pleno da Mancomunidade da semana pasada quedou aprobado o orzamento para este 2011, que ascende a 54.000 euros. Ademáis solicitamos unha subvención de 20.000 euros á Consellería de Presidencia da Xunta para o funcionamento da entidade”.
Fuente Parga engadiu que “a Mancomunidade está a xestionar a compra dunha carpa, que poderán utilizar todos os concellos que así o desexen nas festas que se celebran nos seus municipios. Así todos aforraremos un montón de cartos co alquiler de carpas, que afrontamos todos os anos. Tamén imos pedir presupostos para que unha empresa se encargue da súa montaxe e desmontaxe. Sería sempre a mesma e ese sería o único gasto que teríamos que afrontar o Concello de Barreiros e o resto dos que a utilicen”. A carpa será adquirida con cargo ao remanente do ano 2010 da Mancomunidade e ao presuposto deste 2011.