Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación concedeulle 120 mil euros ao Concello de Foz para instalar contedores soterrados

Nota de prensa

O Concello de Foz recibiu da Deputación Provincial unha certificación de aprobación en Xunta de Goberno da Deputación de Lugo, donde se lle conceden a Foz 3 illas para a instalación de contenedores soterrados, o diñeiro concedido para este proxecto é de 120.400,00 €.

O Alcalde de Foz mostra a súa satisfacción, porque unha vez máis a Deputación Provincial dentro do Plan de obra pública e do convenio asinado có Concello de Foz, se van a poder instalar tres novos contenedores soterrados, que neste caso van a ser situados nos lugares seguintes:

1. Avda. da Mariña

2. Avda. Alvaro Cunqueiro – confluencia con Avda. de Lugo.

3. Avda. de Sarria – confluencia con Illa Nova.

O rexidor municipal destaca que estamos a traballar polo medio ambiente do noso Concello e estas instalacións que se van a construir, súmanse ás que xa temos instaladas en Rúa Alvaro Cunqueiro, As Torres, Paseo de Colón, Julia Minguillón e basílica de San Martiño, é certo que todavía quedan lugares sen cubrir pero o empuxe dado a este sistema de tratamento dos residuos sólidos, é cómodo, menos costoso e máis descansado para os traballadores municipais.

Finalmente, José Mª García Rivera manifesta que unha vez máis tivo que ser a Deputación Provincial quen está a servir ao noso Concello, e día a día , van saíndo proxectos interesantes e paso a paso se van cumplimentado os servizos básicos dos nosos cidadáns.

Exit mobile version