Nota de prensa
Blog plurilingue, asemblea e cea A Subela
A Xunta Directiva da Asociación Folclórico-Cultural A Subela acordou celebrar o
vindeiro 30 de abril ás 19h no Salón de Actos do CENIMA a Asemblea Xeral
Ordinaria de soci@s <mailto:soci@s>. Tamén datou para ese mesmo día ás 10 da
noite a cea anual da asociación no restaurante A Xoiña. Esta cea estará
amenizada polo D.J EVENTEC. Para reservar chamar ao tf. da asociación 628 439 398.
Noutra orde de cousas, a Xunta Directiva tamén tomou a decisión de facer
operativo o blog da asociación nos *catro idiomas do Estado Español.* Agora,
ademais de poder consultarse no noso idioma, o blog incorpora a posibilidade de
acceder ao historial do grupo en euskera, catalán e castellano. Con esta
iniciativa A Subela pretende poñer en valor a inmensa riqueza cultural e
idiomática de España: un estado pluricultural e plurilingüe como hai poucos en
Europa.
A partir de agora as visitas que se fagan ao blog da asociación dende Cataluña,
Euskadi ou Castilla-La Mancha por exemplo, poderán facerse nos idiomas propios
desas xeografías, o que seguramente será motivo de orgullo para as persoas que
falan esas linguas.
Para facer posible esta iniciativa, A Subela contou coa inestimable colaboración
de Flor Rei Teixeiro filóloga galega que desenvolve a súa actividade profesional
en Barcelona, e de Angel Deive Martínez que traballa como traductor en Bilbao. A
eles dous, a nosa asociación quere agradecerlles públicamente a súa colaboración
desinteresada e a implicación que amosaron no proxecto dende o primeiro momento
que se lles propuxo.
http://www.blogoteca.com/asubelafoz/index.php?cat=9757