Site icon Crónica3.com A Mariña

A área de Cultura da Deputación achega 20 mil euros a Mondoñedo para a escola de música

Nota de prensa

A ÁREA DE CULTURA ACHEGA 20.000 EUROS AO CONCELLO DE MONDOÑEDO PARA OS GASTOS DE MANTEMENTO DA ESCOLA DE MÚSICA

O alcalde do concello, Orlando González, asinou o convenio na Deputación de Lugo

LUGO, 11 de abril de 2011. O alcalde de Mondoñedo, Orlando González, asinou no despacho do delegado de Cultura da Deputación, Antonio Veiga, o convenio mediante o que a Deputación de Lugo concede unha subvención de 20.000 euros ao concello de Mondoñedo para os gastos derivados do mantemento da Escola de Música.

A Área de Cultura achega esta cantidade ao proxecto, que ten un orzamento total de 68.000 euros, para colaborar co concello de Mondoñedo na potenciación da cultura musical na poboación por medio da escola coa que contan, e os gastos correntes derivados da actividade da mesma serán os que se financien coa aportación da Área.

A Escola de Música de Mondoñedo leva funcionando ao redor de 15 anos, e os alumnos da mesma participan nas actividades do concello como a feira Medieval, realizan festivais, imparten cursos ou ofrecen concertos de diferentes estilos musicais.

Exit mobile version