Nota de prensa
ACIA FOZ INICIA A SÚA CAMPAÑA DE FIDELIZACIÓN O COMERCIO FAI POBO, COMPRA NA TÚA VILA COA INSTALACIÓN DOS TARXETEIROS NOS LOCAIS PARTICIPANTES. JOSÉ CARLOS PALEO SUBLIÑA QUE O OBXECTIVO É POTENCIAR O SECTOR PARA QUE ASÍ SE INSTALEN MÁIS NEGOCIOS E INDUSTRIAS NO CONCELLO.
Foz, 29 de abril de 2011. A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz xa ten na rúa a súa campaña de fidelización, un proxecto no que a directiva leva traballando moitos meses. O eslogan elexido para esta iniciativa é O comercio fai pobo, compra na túa vila.
Segundo explica o presidente de ACIA, José Carlos Paleo, “xa están instalados os tarxeteiros en todos os comercios que entran nesta primeira fase, a partires da próxima semana os clientes poderán facerse coa nova tarxeta de fidelización nos comercios participantes”. Paleo adianta que “próximamente se fará unha campaña de dinamización da tarxeta para que todo o mundo saiba en qué consiste”.
Os poseedores da tarxeta de fidelización do comercio de Foz “contarán con descontos acumulables en forma de puntos e participarán en ofertas e sorteos ao longo de todo o ano. Os interesados ademáis poderán adquirir tarxetas regalo no local de ACIA Foz, ubicado na rúa Cervantes, así coma en cada comercio participante nesta nova iniciativa”, segue a relatar o presidente da Asociación de Comerciantes.
José Carlos Paleo subliña que “esta tarxeta de fidelización vai actualizar e modernizar o noso comercio local, dinamizará as ventas, fidelizará a clientela e permitiranos facer promocións e ofertas durante todo o ano. O que queremos é potenciar o noso comercio e as compras na nosa vila, tal e como di o eslogan da campaña, en definitiva potenciar o sector para que así se instalen máis negocios e industrias en Foz e ter unha maior sostibilidade”.