Alfredo Llano tamén lembra que “o vindeiro xoves 10 de marzo o Concello de Burela acollerá unha xuntanza de varios alcaldes da Mariña para falar da Unidade Asistencial de Drogodependencias, sobre todo do seu financiamento, e tamén do Noitebús, un servizo que contaba cunha importante acollida na comarca e que agora non funciona. Son dous dos aspectos que imos analizar nese encontro do xoves”