Site icon Crónica3.com A Mariña

Veciños e veciñas de Figueirido súmanse á denuncia por vertidos de augas fecais ao Río Xunco en Figueirido, asegura o BNG

Nota de prensa

Veciños e veciñas de Figueirido súmanse á denuncia por vertidos de augas fecais ao Río Xunco en Figueirido

Formalizan unha denuncia no SEPRONA por vertidos de augas fecais ao Xunco en Figueirido

Mais de un ano agardando por solucións que non chegan

Cervo, 1 de marzo de 2011. Veciños e veciñas de Figueirido asinaron conxuntamente co BNG cervense unha denuncia diante do SEPRONA por vertidos de augas fecais ao Río Xunco dende fai mais de un ano, ao ver como despois de pedir solucións no concello de Cervo, estas non chegan, e o Decreto de medidas urxentes aprobado pola Xunta para arranxar os danos provocados polas riadas do pasado mes de xuño que acabou de desfacer a rede de saneamento, esqueceu Figueirido ou dedicouse a outras actuacións.

46 veciños mais o BNG asinan a denuncia fartos de agardar por solucións que non dan chegado

A práctica totalidade dos veciños e veciñas residentes en Figueirido sumáronse á denuncia promovida polo BNG por vertidos de augas fecais ao Río Xunco que foi formalizada no SEPRONA na mañá do luns. O Responsábel Local do BNG, Luís Bernardo Insua, “agradeceu a concienciación polo coidado do medio ambiente da xente, moi superior á dos nosos gobernantes que so se dedican a facer fotos e promesas”. O nacionalista lembrou que “o alcalde fotografouse en xuño pasado co máximo responsábel da Xunta e o Conselleiro de Medio Ambiente anunciando actuacións urxentes, pero a cousa non pasou de aí”. “De nada serve que nos falen de grandes proxectos cando estes non chegan e vai aló mais dun ano enchendo o río de merda”, remachou Bernardo Insua.

Reparación inmediata dos danos, eliminación dos vertidos e das tubaxes sobrantes, asentamento do terreo e reposición do camiño de baixada ao río

O Responsábel Local do BNG explicou que nesa zona hai tubaxes de todo tipo, unhas antigas e outras novas, e ningunha fai a súa función. Bernardo Insua afirmou que “en Figueirido hai un problema de salubridade pública e contaminación medio ambiental grave polo que hai que actuar con urxencia eliminando os vertidos e as tubaxes sobrantes coa reposición da rede e arquetas, así como o asentar o terreo que foi cedendo sobre o río eliminando o camiño de baixada ao río ”.

Para mais información chamar a Luís Bernardo Insua

Exit mobile version