Nota de prensa
UNIFOZ, quere manifestar públicamente á súa disposición a loitar dende a Administración Local ( por ser este o seu papel máis inmediato), para que a igualdade entre homes e mulleres sexa real, e sobre todo sexa algo por convicción máis que por obrigación.
Nese sentido é urxente e necesario que a conciliación da vida laboral e familiar sexa algo real, tanto no eido público como privado.
A violencia de xenero, discriminación laboral, sexa a nosa loita constante nos 365 días do ano, e non testimonio so para o día 8 de marzo.
É que si o día 8 de marzo é importante, no o é menos o 9, ou 10 ,ou o 20 de calqueira mes, pois o papel da muller como traballadora e a súa discriminación ainda sigue sendo real e faltan pasos por andar neste longo camiñar.
No Noso pobo, segundo os datos publicados, das preto de 700 persoas en paro, preto de 400 son mulleres, é pois preciso políticas de estimulación de creación de emprego destinado a favorecer a integración das mulleres no mercado laboral, tanto do eido público como privado.