Site icon Crónica3.com A Mariña

Un pediatra consultará en Barreiros os martes e xoves, dúas horas e media, a partir de abril

Nota de prensa

O CENTRO DE SAÚDE DE BARREIROS CONTARÁ CUN PEDIATRA DOUS DÍAS Á SEMANA A PARTIRES DO VINDEIRO MES DE ABRIL, SEGUNDO VEN DE ANUNCIAR O ALCALDE, ALFONSO FUENTE.

Barreiros, 28 de marzo de 2011. O centro de saúde de Barreiros contará cun pediatra dous días á semana a partires do vindeiro mes de abril, segundo ven de anunciar o alcalde, Alfonso Fuente.

O rexedor dixo que “no centro de saúde comezará a traballar un pediatra a partires do vindeiro 5 de abril. Consultará os martes e os xoves de 12 a 14:30 horas. A súa axenda xa está aberta, osea que xa se pode pedir cita”. Fuente Parga lembrou que “antes os nenos ían ao pediatra a Ribadeo, pero agora poderán ser atendidos aquí. Trátase dun servizo máis que se prestará aos veciños do noso municipio”.

O alcalde subliñou que “se cumpre así co compromiso adquirido no seu día para poñer en marcha este novo servizo, algo que deixa constancia da implicación que a Xunta ten con Barreiros”.

Exit mobile version