O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Cultura, Dolores Meitín, recibiron hoxe no salón de plenos a un grupo de alumnos e alumna, acompañados dunha profesora, procedentes da zona de Orleans en Francia. A última hora do mediodía foron recibidos polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e as concelleiras Pilar Armada (Asuntos Sociais) e Yolanda Garcia. Os alumnos participan nun intercambio xunto cos alumnos do IES Marqués de Sargadelos de San Ciprián e o IES Illa de Sarón de Xove.
Un grupo de alumnos e alumnas franceses visitaron o Concello de Xove e Cervo