Site icon Crónica3.com A Mariña

Tras recuperar a senda da vitoria ante o Eivissa (2-1) o Burela FS enfrontase ao Arcebansa Zamora

Nota de prensa

OS LARANXAS DEFENDERÁN A SÉTIMA PRAZA NO IMPOÑENTE ÁNGEL NIETO ZAMORANO

Tres días despois de recuperar a senda da vitoria, ante o Eivissa (2-1), os laranxas porán rumbo mañá a terras castelás para medirse en duelo directo ao Arcebansa Zamora. O parapeto do Ángel Nieto, cun grande ambiente na bancada, acollerá a cita entre a oitava praza dos locais (40 puntos) e a sétima do Burela FS (43) a partir das 21.00 horas.

Con nove xornadas para o remate da liga e sen gozar aínda da xornada de descanso, o cadro de Suso Rey non está en situación de permitirse moitos descoidos. O Burela FS atoparase cun rival forte que afrontará o encontro de mañá moi doído e con ganas de desquite pola contundente goleada que tivo que sufrir o sábado na pista do OPDE Ribera Navarra (10-0). Amparado polo inferno vermello, o Arcebansa sairá motivado para escapar dun calendario difícil no que xunto á de Tudela xa encadea outras dúas xornadas sen puntuar (Puertollano 2-1 e Barcelona 2-4), unidas ao descanso. O ex-burelista Juanito non poderá contar para esta cita con Lolo Jarque, expulsado en Navarra con vermella directa.

No partido da primeira volta, Vista Alegre fixo valer as súas armas e soubo quedar cos tres puntos (5-1) ante un conxunto que na tempada pasada saboreou a gloria da División de Honra.

Emoción en Vista Alegre

Emocionante será o próximo encontro en Vista Alegre, coa visita do líder de Prata, o Puertollano FS. Os pupilos de Suso Rey poñerán a proba a bomboneira ante o seu último rival no play de 2009-10; será o sábado 19, a partir das 18.30 horas.

Exit mobile version