Site icon Crónica3.com A Mariña

Para que o Concello de Barreiros progrese ten que voltar a sensatez, asegura o BNG

Nota de prensa

O BNG ENVÍA UNHA MENSAXE DE OPTIMISMO AOS VECIÑOS, “PARA QUE O CONCELLO PROGRESE TEN QUE VOLTAR A SENSATEZ E TEMOS QUE TOMAR DECISIÓNS POR NÓS MESMOS E NON EN FUNCIÓN DE INTERESES ALLEOS A BARREIROS”.

Barreiros, 10 de marzo de 2011. O BNG de Barreiros envía unha mensaxe de optimismo aos veciños, “para que o concello progrese ten que voltar a sensatez, teñen que facerse cousas ao abeiro da lei e temos que tomar decisións por nós mesmos, non en función de intereres alleos a Barreiros”. Os nacionalistas consideran que o PP practica a política da avestruz no concello.

Desde o BNG sinalan que “tanto o PP como Alfonso Fuente, que leva seis anos á fronte do Concello, non teñen que ofrecerle a Barreiros e aos seus veciños. Vistas as declaracións do alcalde no día de hoxe nun medio de comunicación facendo un resumo do seu mandato, observamos que volve a caer nos mesmos tópicos de sempre, nesa ladaiña que a base de repetila xa se fai pouco creible, porque intenta culpar unha vez máis aos grupos da oposición dos problemas urbanísticos de Barreiros. Pensamos que canto máis o repite máis cae na súa propia trampa, porque son o PP e máis Alfonso Fuente os que levaron a Barreiros a esta situación e Alfonso Fuente e os membros da xunta de goberno son os que teñen que da conta da súa errada actuación no xulgado”.

Os nacionalistas subliñan tamén que “o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia veña de respaldar a actuación da anterior Xunta, a do bipartito, polo tanto queda ben claro quen o responsable desa desfeita. No BNG chámanos a atención cando di o rexedor que convenio urbanístico queda pagada unha débeda histórica. Cremos que a estas alturas todo o mundo sabe quen foi o que non pagou esa chamada débeda histórica, non era tal cousa era simplemente que pagaran os servizos que había que pagar. Pola contra, dita débeda, como eles lles chaman, van ter que pagala todos os contribuíntes e todos veciños de Barreiros, porque vai con cargo ao erario público”. Os membros do BNG din que “o alcalde repite e repite os mesmos argumentos que día a día a realidade lle está a desmontar, incluso chega a falar de servizos en solo urbán, eso sí non di si é consolidado ou non consolidado. Parece ser que iso xa é agora un terreo esbaradizo e xa non quere dicir cal é o solo urbán consolidado e o non consolidado”.

Convenio da auga

No Bloque Nacionalista Galego de Barreiros advirten “ao igual que os veciños que non houbo melloras nos servizos nestes anos nin no abastecemento de auga. No ano 2006 había asinado un convenio por 3.600.000 euros para renovar toda esta rede, para facer novas tomas e novas distribucións. Só un tercio daqueles 25 promotores puxeron os cartos, co que non se puido levar adiante ese proxecto, porque aínda non o vimos nin redactado definitivamente. Vai para cinco anos desa sinatura e seguemos nas mesmas”. Os nacionalistas engaden que “moitos veciños saben e sofren que moitas veces a auga sae de cor marrón e moitos, dependendo da zona na que viven, seguen sen presión suficiente, sobre todo nas épocas estivais. Si nos vamos ao tema dos viais, Alfonso Fuente di que se fixeron grandes obras, os máis vellos do lugar din que nunca se recorda unha desfeita tan importante nos camiños de Barreiros coma agora, tanto nos de titularidade municipal coma nos que comunican as zonas forestais”.

Camiños, gardería e centro de día

Os responsables do BNG de Barreiros consideran que “o alcalde riza o rizo cando di que o goberno bipartito da Xunta deu cero euros para Barreiros. Hai que refrescarlle a memoria e recoller unha acta dun pleno onde él sinala que na época do bipartito a consellería que máis cartos destinou a Barreiros foi a de Medio Rural para arranxo de camiños. Estamos a falar duns 200.000 euros anuais, iso sí non sabemos en qué se investiron, foron destinados para iso, pero non sabemos qué criterios seguiu, igual non os levou aos camiños máis necesitados”. Desde o BNG lembran “as inversións realizadas en vivendas sociais, na segunda fase do polígono ou na depuradora desa instalación. É moi atrevido facer esas declaracións, ao igual que cando di que tentará que a gardería forme parte da Galiña Azul e dependa da Xunta. O BNG levou en varias ocasións propostas ao pleno, que foron votadas en contra, para que o Concello se adherise ao Consorcio Galego de Servizos Sociais para poder acceder ás Galescola ou para poder ter un centro de día”. Desde o grupo municipal do BNG lembran que “Alberto Núñez Feijoo prometeu que todos os concellos pequenos terían un centro de día, algo que prometeu tamén a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, diante de 400 persoas maiores sen poñerse colorada e días despois nun pleno o alcalde confirmaba que iso aínda non está asegurado”.

No BNG de Barreiros cren que “o PP está a practicar a política da avestruz, meter a cabeza debaixo da area e non querer ver a realidade. Nós entendemos que co PP non hai confianza nin futuro ningún posible. No BNG sí que somos optimistas, aínda que realistas, porque temos que ter en conta a realidade que temos diante en Barreiros. Para que o concello progrese e ver o futuro con optimismo ten que voltar á sensatez, ten que voltar a facer actuacións ao abeiro da lei, todos os barreirenses temos que volver a pensar por nós mesmos e tomar as decisións por nós mesmos, non en función de intereses alleos a Barreiros, iso foi o que se veu facendo nos últimos anos. Agora ás portas dunha campaña electoral coa nosa proposta optimista, pero realista, lles volveremos a pedir a confianza aos barreirenses”.

Exit mobile version