Nota de prensa:
Os socialistas van a provocar que a Mariña quede partida en dous: de Ferrol a San Ciprián disporemos dunha corredor en obras, desde San Ciprián a Barreiros, pese a ser un tramo moito máis pequeno, nin tan sequera sabemos o trazado definitivo
BLANCO FUXIU DAS SÚAS RESPONSABILIDADES COS VECIÑOS DA MARIÑA TRAS SER INCAPAZ DE COMPROMETERSE CO DESBLOQUEO DO TRAMO ESTATAL DO CORREDOR QUE FOMENTO MANTÉN PARALIZADO
* O secretario xeral dos populares lucenses lamenta que o Ministro fora incapaz de comprometer nin a licitación, nin a adxudicación, nin investimento ou data algunha para a execución desta infraestructura.
* Pola contra a Xunta si está a cumprir co tramo da súa competencia, adxudicado polo goberno do Partido Popular en xuño de 2009, e actualmente en obras.
A Mariña, 14 de marzo de 2011.- O secretario xeral dos populares lucenses, Jose Manuel Balseiro Orol, acosou ao socialista Jose Blanco de fuxir das súas responsabilidades cos veciños da Mariña xa que, pese a visitar a nosa comarca, foi incapaz de comprometerse co desbloqueo do tramo de competencia estatal do corredor da costa.
“Temos que lamentar, polo tanto, que o Ministro non dixera nada, non asumira un só compromiso, con esta infraestructura que Fomento mantén paralizada fai anos” –explicou Balseiro Orol quen abondou neste argumento indicando que- “non falou de licitación, nin de adxudicación, nin foi capaz de comprometer orzamento algún, está claro que o tramo estatal do corredor forma parte dos esquecementos do Goberno socialista central”
Jose Blanco fuxiu das súas responsabilidades coa Mariña e moi particularmente cos veciños de Foz, Burela e Cervo –que son os concellos polos que tería que pasar o corredor da Costa no seu tramo de competencia estatal- “Levamos esperando case dous anos a que o Ministerio cumpra a lei, e resolva as alegacións rexistradas por concellos e particulares, pero nin tan sequera esto foi capaz de facelo. Polo tanto, a estas alturas aínda descoñecemos o trazado definitivo do tramo estatal do corredor, non sabemos nin tan sequera por onde ten que pasar,”
O dirixente popular indicou que Jose Blanco non ten problema a acudir a un acto electoral, onde sabe que recibirá ás loanzas dos seus correlixionarios, pero non se atreve a dar a cara ante o resto dos veciños da Mariña, polos compromisos pendentes do seu Ministerio.
SETE ANOS SEN AVANCES
“Está máis que claro o pouco que lle importa aos socialistas esta comarca xa que en sete anos de goberno Zapatero non teñen achegado nin avanzado nada respecto do tramo de competencia estatal do corredor, que segundo eles era unha infraestructura prioritaria”. –indicou Balseiro- “Sete anos nos que foron incapaces non xa de comezar as obras –que xa se están a executar no treito que lle corresponde executar á Xunta- senón incluso incapaces de investir as partidas que os presupuestos do Estado recollían para o corredor no treito estatal”
A XUNTA SI ESTÁ A CUMPRIR A SÚA PARTE
Afortunadamente a Xunta si está a cumprir coa súa parte. De feito tivo que chegar un Goberno do PP á Xunta para que se adxudicaran –en xuño de 2009- e iniciaran as obras no tramo de titularidade autonómica. “Unhas obras que levan un ritmo de execución moi importante, e que xa supoñen moito máis do que o PSOE foi capaz de facer cando gobernaba na Xunta bipartita: pois daquela os quilómetros en obras na provincia de Lugo eran cero”.
Jose Manuel Balseiro alerta da posibilidade de que a xestión dos socialistas provoque que a Mariña quede partida en dous: “De Ferrol a San Ciprián disporemos dunha vía en plena execución, en obras, mentres que desde San Ciprián a Barreiros, pese a ser un tramo moito máis pequeno, nin tan sequera coñecemos o trazado definitivo”.